Emocións á grella

Maio 26, 2006 ás 12:16 pm | En Rachí |

Churrascada 007.jpg

A Ascensión, festa compostelana onde as haxa, onde a maior parte da xente ao único sitio ao que ascende é aos cumios do licor-café ou semellantes. Eu onte, Día da Ascensión, digamos que vivín un deses días que prestan. E é que non todos os días un se xunta, nunha finca preto de Santiago, coa moitos dos personaxes (si, algúns/has máis sen blog) que fan que a vida por estes lares sexa moito máis agradábel ao abeiro dunha churrascada destas que se lembran. Un dato: ás 5 da tarde aínda había restos do porquiño pola mesa. E logo... A Cepa, crema-de-orujo, tarta de aniversario, paranoias mentais diversas... en fin, todo perfecto.
E pola noite? Doble menú . De primeiro, Celtas Cortos e, de segundo, Panorama (apoteose orquesteira, especialmente significativa a iluminación da parte de atrás do escenario. Demostración de que é posíbel devolver a mocidade ao campo da festa). Dous platos diferentes mais igualmente saborosos. Pero como non todo van ser loubanzas e florituras, unha reflexión: que pasaría se o tremebundo escenario do que Celtas dispuxeron onte pola noite no Campus Sur de Compostela se puxese á disposición dos tropecentos grupos do país que soan tan ben ou mellor?

Chuzame! chuzame -

7 Comentarios »

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI

  1. diossssssss!!!!
    que gran día!!!
    viva a raíña do cumpreanos!!!
    vivao porco cru!!!
    vivan as chinchillas peludas!!! (mañá explicareino pertinentemente no meu blogue, se me manda as fotos. prometido!!!)

    Comentario por oko — 26 Maio 2006 #

  2. ummmmm
    borrachera as seis da tarde tumbados na herba con resaca do día anterior!
    Iso…non pode ser malo!
    un placer :P
    BABU

    Comentario por Caufield — 30 Maio 2006 #

  3. AS RAÍÑAS SODES VÓS!!!(E OS REIS)
    VIVA A III REPÚBLICA!!!

    Comentario por Caufield — 30 Maio 2006 #

  4. Soma half ironman….

    Soma compound. Cheap soma. Psyche and soma operate as a duality. Soma. Akane soma….

    Rastro (Trackback) por Soma drug testing. — 3 Xaneiro 2008 #

  5. Extra cheap phentermine….

    Cheap extra phentermine. Extra cheap phentermine….

    Rastro (Trackback) por Extra cheap phentermine. — 10 Abril 2008 #

  6. Ambien online….

    Ambien. Ambien and brain injuries….

    Rastro (Trackback) por Ambien hallucinations dizziness. — 22 Abril 2008 #

  7. Cheapest phentermine online free shipping….

    Phentermine online. Buy phentermine online. Phentermine pill online discount. Online phentermine….

    Rastro (Trackback) por Off for phentermine online free fedex low cost. — 9 Xuño 2008 #

Deixa un comentario

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios. Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^