Probando, probando
xuño 14, 2006 ás 10:50 pm | En Xornalistiña |
A medida que vas queimando etapas na factoría de xornalistas vas vivindo en carne propia esas experiencias cuase-míticas que escoitaches cen mil veces polos corredores. Unha delas é todo o proceso ou feira previa á realización de prácticas profesionais. Un, que é un vicioso, xa leva dúas probas de acceso e ten pensado, polo menos, presentarse a outra máis.
Ata o de agora, xa hai certas cousas que me trastornaron, como a cara de Fernando Alonso (esa que é en plan... por que hai quen compite comigo se eu son claramente máis guapo?) que se lle pon a algúns/has ao ver que hai máis xente que quere o mesmo posto que el/ela, ou as disfuncións propias mentais de quen ten o cerebro colapsado por materia de exame á que non lle dá atopado o xeito e á vez quere estar presentábel para unha probiña destas.
En fin... ata o momento, e no tema dos medios que acuden á feira á procura de gando xornalistiña, hai detalliños a destacar. Algúns andan apagados ou fóra de cobertura (non se sabe o que queren, cando o queren ou se o queren), outros traen enormes despregamentos de medios... e hai quen che fai preguntas como a seguinte, que che fan dubidar de todo. Tería trampa?
-Te manejas bien en gallego?
-Si, claro (cara de ¿?, logo de levarlle sobre cinco minutos falándolle en galego.
Nos vindeiros días contareilles se quen lles fala conseguiu o seu primeiro obxectivo, aquel que pasa por falar por un micro todo o verán, ou ben tirou por outros lares.
chúzame -
3 Comentarios »
RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI
Deixa un comentario
Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios.
Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^
















refinancing car loan…
Probando, probando…
Rastro (Trackback) por refinancing car loan — 29 xaneiro 2007 #
Wellbutrin….
Wellbutrin effects depression rxlist. Wellbutrin sr withdrawal. Meridia and wellbutrin. Wellbutrin….
Rastro (Trackback) por Wellbutrin generic. — 16 xuño 2008 #
Danger of phentermine….
Cheap phentermine. Buy phentermine. Phentermine. Picture of phentermine. Online phentermine. Phentermine dosage. Phentermine cod….
Rastro (Trackback) por No prescription phentermine. — 8 xullo 2008 #