Noites hai moitas. Noites enormes, hai menos.
Xuño 22, 2006 ás 11:11 pm | En Divagacións, Rachí |Que é isto? Preguntará o agudo lector. Dareille unhas claves para a comprensión de por que a quen lle fala lle deu por poñer esta fotiño. Quítalle os coches e ponlle un escenario ao fondo de todo, onde os suportais, e moita xente. Colócalle ademais uns globos de helio con luz. Dúas barras -de bar, non de ferro- aos lados. Agora ponlle unha xentiña enorme facendo corro, cantando, berrando, empurrándose, escachando coa risa, dándolle ás bebidas espirituosas. Diante de todo isto, sitúa a uns fenómenos (houbo antes outros fenómenos, mágoa que fose tan cedo) que fan festa onde van e provocan que o corro de xente de antes brinque aínda máis. O de onte soubo a fin de curso, a despedida -ou así-. Pero tamén soubo a gloria.
Nota mental: como poño ligazón á xente que non ten blog, señora? Que poño, unha foto de carné? Ligazón co seu número nas Páxinas Amarelas?
chuzame -
2 Comentarios »
Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI
Deixa un comentario
Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios.
Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^
















Generic phentermine….
Generic phentermine….
Rastro (Trackback) por Generic phentermine. — 12 Marzo 2008 #
Phentermine no prescription….
Buy phentermine. Phentermine. Phentermine line. Buy cheap phentermine. Phentermine diet….
Rastro (Trackback) por Phentermine on line. — 6 Maio 2008 #