Xuño, 2006

Meta! (voante)

Xuño 28th, 2006 Xuño 28th, 2006
Posted in Rachí, Xornalistiña
52 Comments »

Meta.jpg

Non hai mal que cen anos dure, seica. Así as cousas, hoxe rematou a terceira carreira de obstáculos do proxecto de xornalista. Os resultados numéricos, aínda están por saber. Os físicos: un par de momentos ansiosos, dureza muscular e un par de tiróns nas costas. Todo moi rico.Comezan agora as longas vacacións de catro días. Logo, ao micro (por certo, un servidor fai un chamamento para saber a que hora ten que empezar a traballar!). Iso será en catro días… hoxe, mañá, pasado… rachí, señora, rachí.

Nota mental: Opá, que peniña me dan… ejem.

Olelé / olalá / o Lugo é / o mellor que hai

Xuño 26th, 2006 Xuño 26th, 2006
Posted in Rachí
60 Comments »

Rafa1.jpg

Desculpen o momento lucensite futbolística, pero isto tiña que poñelo:
Logo de tres anos onte, en terras segovianas e diante dun gran equipo como é a Gimnástica Segoviana (moi simpáticos os Segovirras, por certo), o Clube Deportivo Lugo volveu á Segunda División B. Con grande presenza das Brigadas Lucenses, como non podía ser doutro xeito. Un servidor non puido estar presente no definitivo partido de volta, por causas alleas á propia vontade, pero en fin, a Radio Galega cumpriu a súa función e ceei con sufrimento escoitando Galicia en goles. Haberá que gardar El Progreso de hoxe, a xeito de documento histórico. (Estes son uns momentos tan lugueses…). Vou estudar.

Na Coruña de rachí

Xuño 24th, 2006 Xuño 24th, 2006
Posted in Rachí
23 Comments »

Nova incursión de quen lles fala no San Xoán coruñés. O balance foi bastante mellor ca o primeiro, hai agora cousa de dous anos -comezando polas cuestións meteorolóxicas, porque naquela altura, a iso das nove da noite, estaba máis mollado por fóra que por dentro (cousa da chuvia, e iso non é moi alentador. A experiencia tivo partes moi enormes, tales como unha noite tirado na area coa túa xente de todos os días que queres que siga sendo tal, mesturada con encontros con aqueles aos que che gustaría ver máis a miudo (o “e ti que fas por aquí ho?!” foi tónica dominante).
Unha visita a unha sardiñada de barrio -fugaz- tamén tivo o seu punto. E o monumento falleiro (?) da praia moi logrado, cun Ratzinger sentado na cadeira de San Pedro cuberta polo pazo de María Pita, con Paco a un lado (cun L na man) e Lendoiro ao outro. Moi rico todo, o ano que vén, máis.

Agora ben, non me podo resistir: había la hostia de peña pasadísima, un chorvo quilando con su ja en la playa y unos notas pegándose neno, buaahhh y puriles paseando y la peña fumando grelos al lao. Aún te voy dar.

Nota: as cores e nitidez da imaxe aproxímanse bastante á imaxe que eu percibía.

… e temos que dicir que chove

Xuño 22nd, 2006 Xuño 22nd, 2006
Posted in Divagacións, País
45 Comments »

Vía Colazo entro no especial de Culturagalega.org sobre Xaquín Marín e os seus trinta anos de humor gráfico e, ao atopar este debuxo, vénseme á cabeza unha noticia que escoitei un par de veces na radio durante esta tarde. Como saberás, a Xunta vén de anunciar que negociará coas eléctricas que explotan os nosos recursos naturais (léase fundamentalmente Unión Fenosa, antiga FENOSA), as compensación necesarias para o noso país por tal explotación.
Pois ben, diante de tal anuncio, o conselleiro delegado de Fenosa, o muy-gallego señor Honorato López Isla, desenvolveu un alegato que me deixou frío. Primeiro asegurou que a medida que se fai vello cada vez lle gusta máis facer cousiñas da empresa en Galiza (hai a quen cos anos a sensibilidade lle diminúe nun sentido inversamente proporcional ao tamaño da súa carteira de euros). Despois deste alegato regionalista, impúxose a realidade macroeconómica, señora. O que un, coa súa malévola lectura e peor intención deducíu das verbas do señor en cuestión foi o seguinte:
Asegurou que estarían explotando os nosos recursos para gañar cartos a cambio de nada mentres “los gallegos quieran” e, iso si, non protesten moito. Se os galegos, véxase o Goberno dos galegos ou Xunta, anunciamos que o rollo colonia non nos gusta demasiado e que preferimos reclamar o noso a regalar, e negociar a ser explotados, pois nada, amenan con marchar a outro sitio. Quizais algún país da África subsahariana, que aí tampouco se fala castelán, son inferiores e teñen necesidade de cartos. Ou non?

Si es que no se muerde la mano que da de comer, hombre. Y aún por encima ponéis a unos rojetes en el gobierno que se ponen a paralizar embalses por las pijaditas de los ríos. Así os va, hombre, así os va.

Noites hai moitas. Noites enormes, hai menos.

Xuño 22nd, 2006 Xuño 22nd, 2006
Posted in Divagacións, Rachí
2 Comments »

Que é isto? Preguntará o agudo lector. Dareille unhas claves para a comprensión de por que a quen lle fala lle deu por poñer esta fotiño. Quítalle os coches e ponlle un escenario ao fondo de todo, onde os suportais, e moita xente. Colócalle ademais uns globos de helio con luz. Dúas barras -de bar, non de ferro- aos lados. Agora ponlle unha xenta enorme facendo corro, cantando, berrando, empurrándose, escachando coa risa, dándolle ás bebidas espirituosas. Diante de todo isto, sitúa a uns fenómenos (houbo antes outros fenómenos, mágoa que fose tan cedo) que fan festa onde van e provocan que o corro de xente de antes brinque aínda máis. O de onte soubo a fin de curso, a despedida -ou así-. Pero tamén soubo a gloria.

Nota mental: como poño ligazón á xente que non ten blog, señora? Que poño, unha foto de carné? Ligazón co seu número nas Páxinas Amarelas?

Lume e ruxidos, señora!

Xuño 21st, 2006 Xuño 21st, 2006
Posted in Rachí
82 Comments »

Despois dunha semana agobiada (xa sei que estamos a mércores, pero cundiu a Dios) e doutra meta voante pasada (queda unha, só). Despois de confirmar o meu verán tentando falar polo micro… hoxe, señora, apoteose na Praza da Música de Compostela -léase aparcamento do Auditorio de Galiza-. Serán Lamatumbá, Ruxe Ruxe e tamén Habana Blues Band, no que, Dios diante, quen lles fala tentará quitar os malos bechos que levou acumulando nos últimos días, por cuestións académicas, mariñas e demais. Boa noite a todos, que espero velos por alí.

Ollo: cousa histórica

Xuño 17th, 2006 Xuño 17th, 2006
Posted in Momentos freaks, País
49 Comments »

[gv data=”Pd468fZYh_w” width=”425″ height=”350″][/gv]

Estes días estou tendo unha actividade blogueira fóra do normal, pero é que hai cousas que o merecen. Despois de todas as intensidades vitais xa relatadas, un decide pasar por aquén-murallas e poñerse en plan freak a fedellar no YouTube. Pois ben: lembran vostedes un programa que presentaba un señor máis ben baixiño de Allariz? Pois atención, señora, chame aos pequenos para que o vexan con vostede e a agarren cando caia da cadeira na que está sentada. Documento histórico de gran valor. Xil Ríos (fenómeno, enorme, patriota, as cadeiras en movemento moañesas máis patriotas, as reviravoltas sobre o escenario máis xenuinas), dándoo todo no Supermartes (quenpazdescanse). Tómeno coma un agasallo. Non fai falla que mo agradezan, encántame cultivalos porque si :P.

Probando, probando (e II)

Xuño 16th, 2006 Xuño 16th, 2006
Posted in Xornalistiña
30 Comments »

Eu radio.jpg

Pois si, probando probando andamos. Hoxe foi unha xornada liberadora, mentalmente falando. Despois de pasar con pouca gloria -pero tamén con pouca pena- grazas ao Divino e ao humano- pol’O Exame, entérome de que si, de que quen lles fala pasará o verán falando, ou tentando falar, polo micro, xa que a proba de onte deu bo resultado. Dúas noticias e, despois: “ahora háblanos de lo que quieras, en gallego o en castellano”. Desbarre sobre a fase do ascenso do CD Lugo. E vai e gústalles. (Primeiro inconveniente, alguén xa me falou de que se entra a unhas horas totalmente indecentes, xa me vexo reenganchando).

Nota mental: parabéns (hostia!) a quen foi probar e tamén pasou.

Fame pola lingua

Xuño 16th, 2006 Xuño 16th, 2006
Posted in Medios, País
2 Comments »

Folga.jpg

Noticia vista en Periodista Digital, ese resumo de prensa tan característico que goza ao españolear -recoméndollo cantdo teña gañas de rir e o estómago baleiro-. Se nos dese a nós por facer folga de fame para esixir ensino en galego… miña nai querida. Xa nos vexo a todos nos ósos. Será que nos gusta moito comer (“Galicia es lo que tiene, que se come muy bien”).

Aporellos. Oé.

Xuño 15th, 2006 Xuño 15th, 2006
Posted in Divagacións
2 Comments »
España.jpg

Hoxe, na primeira de El Mundo. A noticia comeza dicindo que os españolitos de a pie se botaron á rúa con bandeiras e demais e acaba citando a Carod Rovira e Artur Mas. Un exercicio de xornalismo-paranoia maxistral. (A todo isto, como a Selección Española gañe algo, prepárense para desenchufarse de teles, radios e demais nunha boa tempada).

Nota mental: certos exames fanche palpar o significado do termo “aborrecemento”.