Da Xantanza 2006
xullo 30th, 2006 xullo 30th, 2006 Posted in Momentos freaks27 Comments »

Ai, señora, acábolle de chegar da Xantanza primavera-verán 2006. E a verdade é que moi ben, moi moi ben. Aínda cos efectos da xerra de viño que pode ver aquí enriba, tamén do licor café, podo dicir que aínda -para min- estivo mellor ca anterior. Polos risos, polo agasallo do meu Amig@ Inblogsíbel (unha tremenda libretiña de xornalista con pluma, que non falte), polo churrasco, polo traxe que lle cortamos á Factoría... Saiban vostede que me prestou moito pasar o día entre o San Clodio e mais Bonaval... a charla profunda con don Modesto, a señora Oko fotógrafa, Emereci despedíndose antes de facer as Américas... Calidonia rematando co misterio inblogsíbel... Ifrit de visita... ou Dorfun surtíndonos de substancias espirituosas. Agardando pola edición outono-inverno e sabendo que aquí non quedan plasmados nin a metade de detalles, despídome... mañá é día de gharabullos...








