O que pensa Fernández

Xullo 19, 2006 ás 9:42 pm | En Divagacións |

Chámome Fernández (por exemplo). Estiven vivindo unha tempada en Ávila, logo pasei por un par de sitios por alí preto e agora vivo en León (por exemplo, tamén). Son un home de acción, sempre me gustaron as pelis do Van-Damme e do Stallone. Son do Madrí. Estes días mandáronme a Galiza, non é que me guste moito, pero páganme un plus polo traballo extra, e cúndeme para levar a muller a Andalucía en setembro, cando colla as vacacións. Pero non penses que son cartos de balde eh? Non, para nada. Mandáronme para Galiza, concretamente a Santiago de Compostela, para traballar, e moito. Están nas festas e xa se sabe o que pasa... Polas mañás, aparco a furgalla nunha beirarrúa (enriba de-) e baixo co compañeiro. Paseo por esa beirarrúa, pola paralela e pola perpendicular. Ás veces paro na esquina das dúas rúas, onde teño o coche parado, e a verdade que aínda se está entretido, enfrente hai unha tenda destas que é de Zara pero para rapazas noviñas, e aínda está ben a paisaxe, he-he-he.
Si, eu son un home de acción. Non creas eh, o ano pasado, na rúa perpendicular puxeron un petardo. Un home de acción... xa che digo. Onte mesmo, non vai un guiri destes que non falan español nin nada... vai, colle... e ponse a quitar fotos?. Aí me ves... alá me fun, e bueno, dime aí ata o teu ADN. Faltaba máis. E dereitiño que non te vexa. Íalle pedir o carrete pero pasei. Nin puta idea tiña o guiri. Un home de acción, si señor... Bueno, voulle pedir outra caña e para a cama, que mañá traballo coma un burro outra vez.

(Tradución libre dos pensamentos de Fernández -por exemplo)

Chuzame! chuzame -

4 Comentarios »

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI

  1. debe estar compostela plagada de fernández, como estivo pontevedra coa visita de el-rey

    Comentario por oko — 20 Xullo 2006 #

  2. Vou-lhe dar uma porrada a… qualquer fulano com consignas radicais (por exemplo)

    Comentario por uz — 21 Xullo 2006 #

  3. Buy viagra online….

    Buy viagra online. Buy viagra wuth paypal. Viagra cialis levitra buy cheap cialis buy ciali. Buy viagra….

    Rastro (Trackback) por Where can i buy gneric viagra usa. — 12 Marzo 2008 #

  4. Ambien cr….

    Ambien cr….

    Rastro (Trackback) por Ambien cr. — 22 Abril 2008 #

Deixa un comentario

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios. Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^