Noraboa, Pereiro

Xullo 23, 2006 ás 11:14 pm | En País |

Pereiro.jpg

Toda miña fun dos que se preguntou que graza ten ver como cento e pico paisanos van en bicicleta. E aínda por riba á hora que máis se presta para unha soneca de despois de xantar. Non sei se será porque este ano non teño moito tempo para sestas... ou quizais é porque sinto máis preto ao paisano que corre na bici... e ás bandeiras que o animan. Pois si, sentín un non-sei-que ao ver -e escoitar, en galego, anque logo na súa casa fale o que fale, que non o sei- ao Pereiro subindo, vestíndose de marelo e poñéndose no segundo caixón do podium co pequeno e todo. E si, compráceme dobremente porque alén-Piornedo non tentaron, ou polo menos eu non me decatei de tal cousa, de apropiarse da xesta. Parabéns! (para cando no Karpin Galiza, xa postos?).

Chuzame! chuzame -

1 Comentario »

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI

  1. Enorme!Que ben oiga!
    eu tamén me aLEDei moito
    xD
    cara de cuadro despois de comer na miña casa cando vou e digo
    vou tomar o café no salón, que quero ver o tour
    jajajajaja, igual decía que me ía tirar pola fiestra e sorprendíanse menos!

    Comentario por caufield — 24 Xullo 2006 #

Deixa un comentario

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios. Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^