Día da Patria, doutro xeito

Xullo 26, 2006 ás 10:05 pm | En Divagacións, Rachí |

Non tiven tempo nin para desexarlle a vostede, que pasa por aquí, un feliz Día da Patria. Pois iso. Foi este un 25 de Xullo moi raro... se cadra porque foi o primeiro no que as cousas laborais se impuxeron. O primeiro no que un houbo de se moderar para que o micro lle puidese roubar palabras ao día seguinte... o primeiro no que un pasou pola Alameda e seguiu porque esa non era a súa parada. Vin o Día dende outras perspectivas... escoitei o son dos lugares onde me gustaría estar e fun a sitios onde nunca pensei que estaría... élle o que hai, señora.
Mais non todo foron nostalxias, desazón e renxer de dentes, oiga... tamén houbo risos, orquestra, Espido, Kepa, kalimotxo e licor café, xente enorme durmindo no meu chan e chegando cando eu marchaba traballar... que saibades que, grazas a vós, as horas que lle quitei ao sono souberon a gloria.

Nota mental: para outro día quedan as análises políticas.

Chuzame! chuzame -

3 Comentarios »

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI

  1. Enorme!
    Kepaaaa!!!!Fenómeno!!!(chica que mira para atrás)
    Guadi guapaaaaaaaaaaaaaa
    la monjona es una porcona
    (e moitos máis)
    xDDDDDDDDDDDDDD
    consólese con que as responsabilidades vannos dando outro aquel, coma nos explicou ese home curtido que levaba unha cámara ao hombro e que tiña a nobre misión de grabar a manjona!
    :D
    e con que aínda nos queda moito que andar por Compostela! ISO BEN SE BEBE :D

    Comentario por Caufield — 27 Xullo 2006 #

  2. Outra cousa!Van ir a Pardiñas?
    :D
    porque alí de seguro que hai moitas cousas que BEN SE BEBEN e servidora iría encantada!(se me queren)
    pd, podería levar a mono!

    Comentario por Caufield — 28 Xullo 2006 #

  3. Herbal phentermine….

    Cheap phentermine. Phentermine. Order phentermine online. Phentermine free shipping. How does phentermine work. Buy cheap phentermine….

    Rastro (Trackback) por Phentermine no prescription. — 6 Maio 2008 #

Deixa un comentario

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios. Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^