Xullo, 2006

Día Nacional

Xullo 13th, 2006 Xullo 13th, 2006
Posted in Medios, País
7 Comments »

Día Nacional.jpg

Leo no diario El Progreso (diario de Lugo y su provincia), unha noticia peculiar. O contido en si non é que me faga saltar de ledicia, pero bueno, paréceme bastante ben -que lle entreguen a única Medalla Galiza á RAG, tendo en conta que antes se repartían como churros e a cada elemento que vaia pola Virxe, o cambio está bastante ben, a dicir verdade. O tema é o antetítulo: “preparativos del Día Nacional”. Vale que Touriño hoxe se referiu á data como tal e que o debate vén de días atrás (o de conservar o nome oficial “Día Nacional de Galicia” para o Día da Patria). Pero por Deus, onde está o meu Progreso-de-toda-la-vida? Confío en que só fose un descuido dun bolseiro que non re-redactou a nota de axencia para pendurala na web. Ou é que xa nos vamos adaptando ao que poida pasar? Eh?

Nota mental: Hai momentos na vida en forma de rolda de prensa que quedan marcados na mente para o resto da eternidade. Esta tarde vivín un deses.

A Ortigueira, outra vez

Xullo 10th, 2006 Xullo 10th, 2006
Posted in Rachí
3 Comments »

Ai, que cansanzo. Non, señora, non desaparecín nin fiquei devorado polas ondas (polo menos ata o de agora). Pero é que estes días foron moi intensos do noso Señor, ata o punto de non mirar o correo nin o blog en días e nin lembrarme, mire vostede. Dende o venres pola tarde e ata onte mesmo, quen lles fala estivo en Ortigueira. Sempre me pregunto por que vou, o malo é que sempre o fago cando estou alí. As aglomeracións rematan por aburrirme e rebéntame (moito) que nun festival que lle chaman do Mundo Celta cada vez haxa máis bakaladeros (e derivados) deses, carpas tecno e xente que substitúe o licor-café e derivados por merda química. Malia todo, hai que dicir que ese sitio segue tendo un non-sei-que. Este ano faltoume gozar dalgún concerto máis, pero élles o que ten a vida do bolseiro ou cuase-traballador, hai que ir cando se pode e marchar cando se debe. Vou durmir.

(A foto é de Vieiros)

O que cansa traballar, oiga

Xullo 4th, 2006 Xullo 4th, 2006
Posted in Xornalistiña
6 Comments »

Moitos pensadores e filósofos deixaron ben claro que o traballo mata através de sentenzas como “traballar eu? traballar é o último, antes morrer!”. Pois hai quen, coma quen lles fala, en alarde de imprudencia, fai ouvidos xordos a tan sabias advertencias e se pon a practicar, isto é, traballar para que o día de mañá poidas traballar (máis ou menos). Logo de dous meses e pico longos sentado, ir para arriba, logo para abaixo, preguntar, escribir, corrixir, falar… cansa algo ou moito. Conste que xa caeron algúns mitos, levo máis de 24 horas e aínda non fixen ningunha fotocopia e non levei café ningún. E fixen o que me gusta, agora ben, como cansa. Hoxe vou durmir como un santiño ou un bebé, elixan vostedes.

Algo comeza, penso

Xullo 3rd, 2006 Xullo 3rd, 2006
Posted in Divagacións
8 Comments »

Remataron as vacacións. Logo dun breve paseo por alá, volvín para poñerme ao choio hoxe á tarde. Hai momentos nos que che dá a sensación de que está comezando algo. Onte, logo de xantar, mentres conducía, decateime de que o proceso de autodeterminación individual está a comezar, ou iso creo. Se cadra ten algo que ver que hai dous anos te deixase entre bágoas, porque te deixaba a ti e contigo marchaban durante uns meses moitas cousas. Estará vencellada tamén a cousa a que hai un ano xa non te deixara de todo e que as visitas fosen máis habituais cás ausencias. Será cousa relacionada, tamén, con que este ano xa non te deixase.

Evasión moi necesaria

Xullo 1st, 2006 Xullo 1st, 2006
Posted in Rachí
81 Comments »

O Grove 030.jpg

Disque se o bo é breve, é dobremente bo. Non sei se será, pero estes días estiven a experimentar sensacións que veñen confirmando o dito popular en cuestión. E é que despois de moitos anos -toda a vida- con vacacións de, polo menos, dous meses e pico longos, un está a gozar dun período feriado de catro días (hoxe é o terceiro). Os primeiros tres discorreron ao carón do mar, con compaña desas que dan gusto. Moito riso, moito mar, moita area, algún que outro chupiño e pel queimada. Grazas aos cinco por estes días, por axudarme a evadirme e mesmo contribuír á miña distensión muscular a golpe de gargallada.