O que pasaba a dúas rúas de aquí ao lado

Agosto 12, 2006 ás 7:59 am | En País |

Onte cheguei canso de traballar e despois de xantar quedei durmido. A iso das 6 -da tarde- espertei. Era case noite e fóra había como néboa. Saín pola fiestra... comezáronme a picar os ollos e podía mirar directamente ao sol sen ningún problema. Eu non o sabía, pero a apenas cincocentos metros estaba pasando isto que podes ver aí arriba, algunhas lapas tiñan máis de 30 metros (en foto de Gallego, por certo). A dúas ou tres rúas, estaban desaloxando á xente das casas. A quen diga que está todo controlado, tamén a quen diga que isto non é nada excepcional, era para darlle unha caricia ben grande na cara.

Nota curiosa que fai que a raza humana non remate de sorprenderme: a familia da señora está cabreadísima (comprobado en primeira persoa), disque a cousa non era para tanto, que ela (cos seus oitenta e pico) estaba defendendo o seu e non tiñan por que levala da casa. Ver para escoitar.

Lembra: 900 400 800 

Chuzame! chuzame -

2 Comentarios »

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI

  1. Diantre! Além de lugueses e blogueiros, acabo de ver que somos vizinhos de bairro… Pois foi-che fodida a cousa, sim. A mim ainda me cheira a roupa a fume.

    Comentario por Uz — 12 Agosto 2006 #

  2. Viagra generic….

    Generic viagra lowest price. Generic viagra no prescription. Generic viagra….

    Rastro (Trackback) por From generic india viagra pills viagra for fun. — 22 Abril 2008 #

Deixa un comentario

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios. Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^