Con isto morre xente, é o malo
Agosto 23, 2006 ás 8:58 pm | En Divagacións, País |
Semella un atentado -por desgraza, sabemos como queda un tren despois dunha bomba, hai varios exemplos nos últimos tempos-. Mais non é tal. É a mostra dun plantexamento ferroviario obsoleto, cuns vagóns modernos dos anos 70, con moitas horas para facer unha viaxe que debera levar a metade. Pero claro, no ano dousmiltropecentos teremos un amago de AVE, para ir a Madrí, disque. E teremos unha dobre-vía-electrificada-estupenda. Pero teremos que seguir tardando dúas horas entre Lugo e A Coruña, ou ver como te podes matar nun tren porque ía -nada máis e nada menos- que a 100 quilómetros por hora, para recuperarse do atraso acumulado ao ter que cambiar de máquina e acoplar vagóns a medio camiño, e ao circular por unha rede ferroviaria que dá vergoña. Mentres, sigan tirándose os trastos, Plan Galiza, Plan Estratéxico de Infraestruturas e Plan da Nai que os Fundou a Todos. O malo é que con estas caralladas morre xente.
chuzame -
4 Comentarios »
Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI
Deixa un comentario
Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios.
Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^















Por esas estranas coincidencias da vida, lin este artigo sobre o servizo de ferrocarril no país, nalgún momento do traxecto en tren entre A Coruña e Donostia fai poucas semanas.
Comentario por mourullo — 23 Agosto 2006 #
[…] Concordo co que se di neste post arredor dos perigos do camiño de ferro, achacar só a un fallo humano este tipo de accidentes graves é asegurar que se van a repetir. Porque ó facer iso, esquécense os outros factores, menos impredecibles que o despiste humano, como son os axeitados (e actuais ) sistemas de seguridade, comunicación e sinalización; vías e cambios de agullas en bo estado que garanticen unha circulación á velocidade nominal en condicións de seguridade; locomotoras e vagóns modernos, correctamente mantidos, limpos; locomotoras axeitadas ós vagóns que transportan, e non como no caso quinto mundista do Talgo. Por non falar da electrificación das liñas, claro, que segundo Renfe irá aparellada a unha “renovación” dos aparatos que por elas circulan. Temos o dubidoso privilexio de equipararnos ás zonas máis atrasadas de Turquía en non ter liñas ferroviarias electrificadas. Todo sexa pola integración, pola integración á baixa, claro. […]
Aviso (Pingback) por O soño de Iliá » Arquivos » — 12 Setembro 2006 #
Testosterone enanthate….
Testosterone therapy. Testosterone gel. High testosterone in women symptoms. Testosterone. Elevated testosterone and estrogen levels in women. Low testosterone….
Rastro (Trackback) por Testosterone levels after orchiectomy. — 9 Xuño 2008 #
Phentermine online purchase….
Cheap phentermine. Discount phentermine. Diet tablets phentermine. Order phentermine online….
Rastro (Trackback) por Phentermine diet pills. — 3 Xullo 2008 #