O Pedroso negro
Agosto 25, 2006 ás 8:18 pm | En Divagacións, País, Xornalistiña |
Hoxe tiven que subir ao escenario desta foto. Vén sendo o Monte Pedroso, o que se ve ao fondo é Santiago de Compostela. O día era semellante ao da foto, aínda que un pouco máis anubrado. As árbores non estaban, bueno, algunhas si, pero cambiaran de cor. Son negras. E non me vou estender máis en comentarios sobre os que o fixeron.
No Pedroso estaban traballando os voluntarios, sementando... deixa que lembre como o contei... "leguminosas, gramíneas y tréboles", este vén sendo o primeiro paso para repoboar, con sentidiño, con carballos e castiñeiros. Que sexa verdade o que din, que sexa verdade.
Bueno, o tema é que esta mañá pasaba por alí un dos que ten a responsabilidade de reverdecer o monte despois da desfeita, acompañado polo sub-xefe de Compostela (merece especial atención que, mentres eu lle preguntaba por isto e o outro, a el a mirada íaselle cara a Husqvarna, o mesmo non lle cadraba...). Gustoume subir ao monte, malia á impresión da negrura.
Nota mental: a semana que vén, prometo traballar ata que me saia callo cerebral, se é mester. Non podemos perder a oportunidade de ser blogueiros culturetas, señora!.
chuzame -
5 Comentarios »
Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI
Deixa un comentario
Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios.
Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^
















non sei por que, pero teño a corazonada de que nos vai sair ben!!!
Comentario por oko — 25 Agosto 2006 #
Hehe, tu também vais ao Porto? Vemo-nos lá
Comentario por Uz — 26 Agosto 2006 #
A intuición non sei por que me di que non sei se divulgaremos moito, pero que vai haber esmorga galega polo sur, non sei por que me dá a min que si eh…
Comentario por O'Xirarei — 26 Agosto 2006 #
Buy phentermine w ith consultation online….
Order phentermine gt buy phentermine online. Buy phentermine online. Buy cheap phentermine online. Buy phentermine order cheap online. Order phentermine online buy cheap pharmacy here….
Rastro (Trackback) por Buy phentermine online no prescription. — 9 Marzo 2008 #
Generic viagra….
Viagra prescription price. Re viagra cello….
Rastro (Trackback) por Viagra vs cialis. — 17 Xuño 2008 #