Agosto, 2006

A lei actúa

Agosto 30th, 2006 Agosto 30th, 2006
Posted in Divagacións, Medios, País
29 Comments »

O bo de ter que andar mirando toda a prensa galega é que un ten unha idea máis ampla do que pasa polo País a primeira -e indecente- hora da mañá. Hoxe, en La Opinión, viña esta foto que vedes aquí enriba e que moitos xa veriades por . As Policías Nacionais (española e curuñesa) montaron unha redada en plena Rúa Real (Lacallereal) contra o Top Manta. Ou o que vén sendo o mesmo, fixeron uso da violencia para desenvolver accións como a que vedes na imaxe, e caeu algunha hostia para coller a perigosos delincuentes, como son uns pobres inmigrantes, moi probabelmente explotados por, cando menos, dúas mafias -a que os pon a vender e a que os “axudou” a cruzar o Estreito-. É o máis doado, “la ciudad es más segura ahora, curuñeses”. Mentres e non, seguirá habendo narcos, e explotación laboral -non creo que faga falta nin saír da propia rúa para comprobar isto-, seguirá habendo violencia contra as mulleres, non haberá policía suficiente… Pero estes rapaces xa non venderán pulseiras e cd’s gravados. Ahora la ley actúa, disque.

O Pedroso negro

Agosto 25th, 2006 Agosto 25th, 2006
Posted in Divagacións, País, Xornalistiña
5 Comments »

Pedroso.jpg

Hoxe tiven que subir ao escenario desta foto. Vén sendo o Monte Pedroso, o que se ve ao fondo é Santiago de Compostela. O día era semellante ao da foto, aínda que un pouco máis anubrado. As árbores non estaban, bueno, algunhas si, pero cambiaran de cor. Son negras. E non me vou estender máis en comentarios sobre os que o fixeron.
No Pedroso estaban traballando os voluntarios, sementando… deixa que lembre como o contei… “leguminosas, gramíneas y tréboles”, este vén sendo o primeiro paso para repoboar, con sentidiño, con carballos e castiñeiros. Que sexa verdade o que din, que sexa verdade.
Bueno, o tema é que esta mañá pasaba por alí un dos que ten a responsabilidade de reverdecer o monte despois da desfeita, acompañado polo sub-xefe de Compostela (merece especial atención que, mentres eu lle preguntaba por isto e o outro, a el a mirada íaselle cara a Husqvarna, o mesmo non lle cadraba…). Gustoume subir ao monte, malia á impresión da negrura.

Nota mental: a semana que vén, prometo traballar ata que me saia callo cerebral, se é mester. Non podemos perder a oportunidade de ser blogueiros culturetas, señora!.

Con isto morre xente, é o malo

Agosto 23rd, 2006 Agosto 23rd, 2006
Posted in Divagacións, País
9 Comments »

Semella un atentado -por desgraza, sabemos como queda un tren despois dunha bomba, hai varios exemplos nos últimos tempos-. Mais non é tal. É a mostra dun plantexamento ferroviario obsoleto, cuns vagóns modernos dos anos 70, con moitas horas para facer unha viaxe que debera levar a metade. Pero claro, no ano dousmiltropecentos teremos un amago de AVE, para ir a Madrí, disque. E teremos unha dobre-vía-electrificada-estupenda. Pero teremos que seguir tardando dúas horas entre Lugo e A Coruña, ou ver como te podes matar nun tren porque ía -nada máis e nada menos- que a 100 quilómetros por hora, para recuperarse do atraso acumulado ao ter que cambiar de máquina e acoplar vagóns a medio camiño, e ao circular por unha rede ferroviaria que dá vergoña. Mentres, sigan tirándose os trastos, Plan Galiza, Plan Estratéxico de Infraestruturas e Plan da Nai que os Fundou a Todos. O malo é que con estas caralladas morre xente.

Quilómetros e sen lume

Agosto 20th, 2006 Agosto 20th, 2006
Posted in Divagacións, País
78 Comments »

Lume Nunca Máis 006 copia.jpg

Estou mortísimo. E é que des que comezou a fin de semana fixen case trescentos quilómetros (de estrada) e eu coido que algún máis de vida nocturna, primeiro nos dominios de Javier I, El Radical e despois sobre a Pedra, todo isto vía Intramuros. A verdade é que remato a fin de semana mortiño pero satisfeito… pola satisfación que lle produce a un a compaña tan breve como desexada, pola ledicia que lle dá a quen lles fala poder meterse nun cuchitril calquera e escachar coas gargalladas con brincadeiras que a moitos lles parecerían indicios de doenzas mentais graves… Grazas a tod@s por estes dous días… así un leva bastante mellor o non poder facer vida social o resto da semana.
E esta mañá… cita necesaria. Di a Policía Local que vinte mil persoas, así que algunha máis, saímos ás rúas para dicirlles aos que lle prenden lume ao monte que non conten con nós, tamén -eu polo menos, coido que moitos dos que estabamos alí tamén- para dicirlle ao Goberno que hai que seguir traballando, que se fixeron cousas ben pero que hai que mellorar moitas outras, que non durman, vaia. Pluralidade, moita, aínda que algúns detalles non me gustaron… hai comparacións que non veñen a contotampouco o autobombo é bo… nin tanto, nin tan calvo.

Nota mental: A cámara e a modificación vía Fotoxop, dun servidor. A foto, obra doutra señorita.

Catro xigantes de pedra…

Agosto 15th, 2006 Agosto 15th, 2006
Posted in Divagacións
4 Comments »

Como non vai ser todo lume -a Deus grazas- e agora que parece que se relaxa a cousa. Déixolles aquí a ligazón a unha canción de Leilía que a min me gustou especialmente e que algúns dos que len isto -e tamén quen o escribe- é posíbel que teña vetada dende xuño do 2007. Ala, momento baixón (se por algo me caracterizo é por majo).

A punto da chuvia

Agosto 15th, 2006 Agosto 15th, 2006
Posted in País
38 Comments »

Que chova.jpg

Semella que o peor xa pasou, que xa queda menos para que chova (horas)… agardemos que tamén para que se inicie o camiño -longo, agardo que moito máis que o período de crecemento dun eucalipto- para que o País reverdeza, paseniño, pero reverdeza. Que se colla a eses fillos do demo e a chuvia humedeza, limpe -miolos e montes-, que chova o xusto e non demasiado, que xa abonda cun desastre ecolóxico e o mar xa leva sufrido o seu. Queda tempo para reflexionar, uns e outros. Mágoa que o máis probábel é que cando o lume chegue ao Hórreo se converta en pedra para tirar á cabeza do outroo da mangueira e as súas webs de hectáreas, uns e outros que quererán ser protagonistas (bos)… En fin. De momento, que a chuvia remate de facer o traballo dos heroes.

E se hai culpas, sen panos quentes. E cárcere.

O que pasaba a dúas rúas de aquí ao lado

Agosto 12th, 2006 Agosto 12th, 2006
Posted in País
3 Comments »

Onte cheguei canso de traballar e despois de xantar quedei durmido. A iso das 6 -da tarde- espertei. Era case noite e fóra había como néboa. Saín pola fiestra… comezáronme a picar os ollos e podía mirar directamente ao sol sen ningún problema. Eu non o sabía, pero a apenas cincocentos metros estaba pasando isto que podes ver aí arriba, algunhas lapas tiñan máis de 30 metros (en foto de Gallego, por certo). A dúas ou tres rúas, estaban desaloxando á xente das casas. A quen diga que está todo controlado, tamén a quen diga que isto non é nada excepcional, era para darlle unha caricia ben grande na cara.

Nota curiosa que fai que a raza humana non remate de sorprenderme: a familia da señora está cabreadísima (comprobado en primeira persoa), disque a cousa non era para tanto, que ela (cos seus oitenta e pico) estaba defendendo o seu e non tiñan por que levala da casa. Ver para escoitar.

Lembra: 900 400 800 

Lumes na Galiza NUNCA MÁIS

Agosto 10th, 2006 Agosto 10th, 2006
Posted in País
50 Comments »

Mañá fai unha semana que empezou todo isto… des que estes fillos do demo comezaron a lle prender lume ao monte, a lle prender lume ao país. Estes días tiven, estou tendo moito traballo. Ao ollar por baixo dos sons que chegan de aquí e acolá un para e pensa… hai que ter moi pouca conciencia -xa non, sin sequera de país- senón conciencia, humana, a secas, para lle dar lume ás árbores, ás fragas, tamén á herba que chega a carón das casas, aos catro piñeiros que un veciño poida ter nunha leira. Que nos queda por facer? botar unha man no que se poida, pedir que se traballe todo o que se poida, xa sabemos que hai os medios que hai… agradecer aos que están deixando os pulmóns e as mans no lume, recoñecerlles aos veciños que están poñendo a cara… e sermos sinceros, todos, tamén a clase política (coido que se empezou máis ou menos ben, informativamente falando, non a fodamos agora). Aos políticos, non aos propagandistas de todo a cen que tentan vender o invendíbel. Aínda, por desgraza, isto non está controlado, hai que seguir loitando.

NÚMEROS DE INTERESE

Bombeiros 085
Protección Civil 112
Voluntariado 900400800

La difusión do emprego

Agosto 2nd, 2006 Agosto 2nd, 2006
Posted in País
28 Comments »

Para LA.jpg

Y me quedo tan ancho… isto debérono pensar os autores do biombito -destes que tanto se estilan no país bipartito- que ten detrás o señor Conselleiro de Traballo e que hoxe aparece nunha información de El Progreso (diario de Lugo y su provincia, etc.). Cantos dos que están diante se decataron? É esta unha conspiración de Paco, the embassador in La Roma? Necesitamos respostas.