Cando a chuvia volve de vacacións

Setembro 15, 2006 ás 12:13 am | En Divagacións |

Estes días a chuvia está anunciando que volve por aquí, que polo momento é só unha visita pero que en breve chegará para quedar... este, ao cabo, é un dos seus lugares preferidos. E a medida que van rematando os tres meses de xogar ao futuro, que a xente vai volvendo... un vaise decatando de que cada vez queda menos... para o resto da vida. E a chuvia volve de vacacións... agardo poder vela voltar á pedra, outravolta, noutros moitos setembros... e que con ela, volte todo.

Chuzame! chuzame -

6 Comentarios »

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI

  1. tes razón. cada vez queda menos para o resto da vida. e dáme medo

    Comentario por oko — 15 Setembro 2006 #

  2. E eu digo: que bonito é vivir!! Non lle teñan medo ao que vén, gocen do día a día e non fagan plans de futuro a moi longo prazo. Velaí a salsa da propia vida: a incertidume de saber que demos pasará mañá. Que aburrido sería de non ser así, non? Saúdos frioleiros.

    Nota: Señor O´Xirarei, alégrome moito de que no seu futuro se albisque xa un pouco de luz.

    Comentario por Frioleiro — 15 Setembro 2006 #

  3. mmmmm frioleiro, tomou unha dose de epicureismo? Non lle vai gustar nada que llo diga, pero Les sempre di o mesmo que o que acabo de ler de vostede agora na casa deste de Lugo (probe, por certo) O carpe diem de whitman, herrick e thoureau resulta do máis intragable un domingo de resaca, pero hoxe que estamos a luns… (jeje toma culturilla)
    Un bikaso, e por certo, pagou vosté a viaxe como un indocumentado, así que si quero digo que non ingresou nada E LISTO (o emu silenzo custa un alto prezo)

    Comentario por madeleine — 18 Setembro 2006 #

  4. por certo, agora falaba co ultra do lugo futbol clube!

    Comentario por madeleine — 18 Setembro 2006 #

  5. Señorita é vostede unha manipuladora, e dígollo eu que vou a manis apolíticas e sei o que é manipulación, coño ya.

    Comentario por O'Xirarei — 18 Setembro 2006 #

  6. Generic viagra cheap no perscription….

    Best price for generic viagra. Generic viagra….

    Rastro (Trackback) por Generic viagra. — 22 Abril 2008 #

Deixa un comentario

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios. Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^