Sobre a COPE e o transporte
Setembro 24, 2006 ás 8:56 pm | En Divagacións, Medios |
O fenómeno que vou comentar non lles será, probábelmente, nada novo: a afección de boa parte do sector transportista, léase buseiro ou taxista, polos medios radiofónicos ultra-dereitosos, ou o que vén sendo o mesmo, a teima de taxistas e buseiros por levar a COPE posta, xeralmente a todo trapo e asentindo/sorrindo en plan "di que sí, dales caña...".
Pero, igual que lles comentaba onte, hai certas cousas das que un non se decata ata que lle toca vivilas en carne propia. O pasado venres, dirixíamonos cunha bolsiña cun par ou tres de recipientes de líquido elemento, a pasar un bo anaco nun piso compostelán convertido por unhas horas nun antro de certa perdición. Así as cousas, e tendo en conta que chovía, optamos pola opción bus urbano. Era dos vellos, así que non tiña tele desas que repiten machaconamente anuncios e videos musicais... polo que o único medio audiovisual (só audio-) era a radio (o arradio). Dende os puntos de inicio e fin de traxecto, puiden reflexionar, entre outros temas, coas prédicas do hooligan de turno sobre:
-O anuncio sobre a Selección Catalá e o malo que é iso para a unidade de España: "claro, un niño va a cualquier pueblo de Esspaññña con la camiseta de la Selección Catalana y no le dejan jugar, claro, claro".
-A Lei da Memoria Histórica: "aprendan un poco de historia... inocentes e curas fusilados... revanchistas... etc."
-O 11-M: "al PSOE no le interesa que se sepa la verdá, etc."
Así as cousas, eu pregúntome... se envío unha carta ao Concello comentando os trastornos que me causa escoitar iso mentres vou no bus urbano farán algo? É que tragar tanto veleno non pode ser bo... Xa sei que cada un ten os seus vicios, pero que pasa, que se un buseiro ten por vicio, non ser, criar pirañas, pode levar unha peixeira cos bechos no bus? Pois iso, home. En-la-casa-de-uno.
chuzame -
2 Comentarios »
Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI
Deixa un comentario
Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios.
Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^















Eu levo muitos anos tendo que colher polas tardes o bus 11 para ir a Fontinhas, e o tio nom apaga a COPE nem em dias santos…
Comentario por Fer — 26 Setembro 2006 #
atopei o teu blog de casualidade e gustoume moito, todo o que pos e as tuas reflexións, pasei un bo rato leendoó, entrarei a cotío.
Xa me gustaria que o meu tivese tanta chispa coma no teu. Un saudo
Comentario por EDguezMozo — 2 Outubro 2006 #