Hooligans parlamentarios
Setembro 2, 2006 ás 3:24 pm | En País | 5 Comentarios
Estes días, por razóns que moit@s de vostedes poderán adiviñar, tiven contacto coa estratexia política e parlamentaria dalgúns dos señores que poden ver na imaxe. Son dos primeiros que di que a Xunta cometeu erros durante a vaga de lumes, que hai que aclarar as cousas o máis posíbel e atopar solucións para que o monte galego deixe de ser o escenario perfecto para os incendiarios. Mais, sinceramente, considero unha falta de respecto, como cidadán, como persoa que, cun imposto aquí ou cunha taxa pública alá, dota de fondos ás institucións públicas, que certos elementos vaian ao Parlamento facer a chirigota, ou dean roldas de prensa dicindo que postos a pensar, igual son os ecoloxistas os que lle prenden lume ao monte para acabar cos eucaliptos e de paso trasladar ENCE. Semella vergoñento, tamén, que logo da comparecencia dun Conselleiro, haxa quen se dedique ao chascarrillo barateiro. Todo isto conclúe nunha estratexia de hooligans políticos que non sei onde pode rematar.
(Na imaxe, algúns dos hooligans trazexando a estratexia parlamentaria para os vindeiros días)
chuzame -
Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios.
Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^














