Medianeras

Outubro 20, 2006 ás 10:16 pm | En Divagacións |

O martes saín antes do que pensaba de traballar e decidín subir correndo ao centro para poder chegar a ver as curtas de ficción do Curtocircuito. De paso comprobei que este festival existe... explícome: pásame normalmente. Cando certos acontecementos ocupan un lugar na miña mente a xeito de roldas de prensa que anuncian tal ou cal acto, festival, concerto ou chámalle-equis, deixan de existir para o (meu) mundo do real. E cando comprobo que existen fóra da noticia mesma, pásame algo semellante a... non sei, ir de cañas con Doraemon ou atopar a Xabarín tomando o café. Xúntanse realidade e o que aparece nos medios, que non ten por que coincidir (por certo, non me dirán vostedes que non estaría ben o de tomar as cañas don Doraemon).
En fin, o conto. Unha das curtas que máis me gustou foi Medianeras, do arxentino Gustavo Taretto (o nome do director acabo de miralo en Interné), que xa gañou o premio do público do festival (isto tamén o atopei en Interné agora, hai que ser sinceros). Conta a historia dun mozo (Martín) e dunha moza (Mariana), deseñador de webs e artista plástica, que viven en sellos micro-apartamentos, moi habituais, polo visto, en Bos Aires. Estas vivendas non teñen, en moitas ocasións, apenas luz natural, e os seus inquilinos abren de xeito ilegal pequenas fiestras nas paredes.
Estes dous rapaces están basicamente sós. Desenganos sentimentais e demais familia fixeron o posíbel para deixalos así. A graza da curta comeza cando a vida de ambos comeza a cruzarse, na rúa, nas cabinas telefónicas... sen que cheguen a coñecerse. Mesmo coinciden nun chat, pero Dios que cando dá non é nada cocho, dálle máis emoción á cousa facendo que marche a luz no momento en que el lle vai dar o seu teléfono a ela para que o esperte ao día seguinte. Atópanse mercando candeas e deducimos que se recoñecen, pero apenas falan. Ela está obsesionada coa páxina dun libro de Onde está Wally? que non dá resolto.

A curta remata (síntoo, vóuvola destripar, podes parar de ler agora) cando ela ve na rúa dende a súa fiestriña ao mozo en cuestión, cun xersei branco de liñas vermellas. Non é boísimo?

Chuzame! chuzame -

5 Comentarios »

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI

  1. Impagable reflexión sobre a realidade e a noticia. :)))

    Comentario por andaime — 24 Outubro 2006 #

  2. Pois eu não sei o que é melhor, se a curta ou o teu post :-p

    Comentario por Uz — 30 Outubro 2006 #

  3. Phentermine….

    Phentermine 37 5mg. Phentermine. Generic phentermine. Phentermine tablet. Buy phentermine diet pill….

    Rastro (Trackback) por Phentermine without prescription. — 9 Marzo 2008 #

  4. Cheap phentermine….

    Cheap phentermine no prescription. Phentermine cheap….

    Rastro (Trackback) por Cheap phentermine. — 10 Abril 2008 #

  5. Atlantic city casino….

    Casino. Casino royale. Free online casino games….

    Rastro (Trackback) por New york new york casino. — 22 Abril 2008 #

Deixa un comentario

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios. Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^