Novembro, 2006

Dígame a data da foto…

Novembro 25th, 2006 Novembro 25th, 2006
Posted in Medios, País
30 Comments »

inauguracion.jpg

Pois non, non é de hai trinta, quince nin dez nin dous anos. É de onte. Inauguración dun balneario en Vilalba coa asistenza das “fuerzas vivas”… léase… Don Manuel (que soplou candeas de aniversario), a delegada da Vicepresidencia, os empresarios que poñen os euros (Manuel Jove, alias “El Gallego” e Joan Gaspart). Non parece doutro tempo? e non o digo polo branco e negro e, se me apuran, nin sequera polo cura. Están todos os que deben? Deben todos os que están? (visto, como non, El Progreso).

Cousas dos últimos días

Novembro 25th, 2006 Novembro 25th, 2006
Posted in Divagacións
2 Comments »

Sen tempo case para respirar, pero bueno, algún folgo sempre queda para citas históricas, como desvirgar, no sentido máis casto e puro da verba -se é que o ten- as paredes d’O Rincón, ou Novo Porrón (cun boli na man e un licor café na outra). Despois de poñer o local nas ondas, tocou estrealo no día en que non fun quen de aturar a celebración doutra estrea (que vello me sentín).

Así as cousas, nos últimos días… fun traballar, escandaliceime coas Nazóns de Breogán, non fixen nin a cuarta parte do que debería academicamente falando, escribín… e celebrei cousiñas. En fin, que tiña gañas de escribir algo aquí e agora, que dei atopado un anaco, non teño moi claro o que.. a vostedes non lles pasa iso habitualmente? Agora ben, conste que tiven tres ou catro momentos nos últimos días nos que pensei “isto hai que poñelo no blog”. Que vida tan triste..

Eran horas

Novembro 11th, 2006 Novembro 11th, 2006
Posted in País
36 Comments »

Sen tempo non era. Haberá quen diga que é andar fozando no pasado, etecé. Pero eu, persoalmente, o único bo que lle vía a que Franco tivese un doutoramento honoris causa era ver máis próximo que mo desen a min tamén, por aquilo de que se o ten el, pode telo calquera. Pois ala, de paso que rompe España (porloscuatrocostados) despojamos de sus honores al Caudillísimo. En fin, como di certo persoeiro, aínda quedan moitos analfabetos honoris causa.

Un erro técnico

Novembro 9th, 2006 Novembro 9th, 2006
Posted in Alén Piornedo, Divagacións
1 Comment »

Pareceralle horrible a imaxe de arriba. Si, é un neno que morreu. Non morreu de enfermidade, non se preocupe, tampouco nun atentado nin nin nunha guerra. Tampouco foi vítima de maltrato ou atropelado, non sufriu un accidente doméstico. Non se inquiete, o mundo pode seguir xirando, só foi un erro técnico, semellante aos dos últimos sesenta anos.

Nos últimos tempos…

Novembro 9th, 2006 Novembro 9th, 2006
Posted in Divagacións, Rachí, Xornalistiña
16 Comments »

Nos últimos tempos non contactei demasiado cos que siguen lendo estas liñas, e non é que haxa moitas liñas novas. Chámanlle estrés, falta de tempo… supoño que esas son algunhas das razóns polas que (oh, cielos!), descubrín esta semana que vou ter que ser algo máis sanote por prescición facultativa. Non sei se botarlle a culpa ao Goberno, que malo será que algo non teña que ver na (só un pouco) excesiva presión coa que o sangue circula polos meus carreiros internos.

Así e todo, estes días non foron só de tensión (non seus diversos sentidos) e estrés. Tamén tiven tempo para outras cousas. Como rematar na Quintana as sete da mañá, rindo atopar caras novas (pero coñecidas) que se agradece ver neses actos rituais que lles chaman roldas de prensa… Tiven tempo ademais para escribir (por certo, grazas!) sobre blogueiras… e a botar de menos ter máis minutos, máis horas para estar con quen me merece máis atención… tentareino. Iso si, a miña vertente sanota xa está empezando a causar riso e cachondeíto no meu entorno máis próximo… é que iso de verme cear herba non é moi meu. Ai, a saúde…

Sano por obriga

Novembro 8th, 2006 Novembro 8th, 2006
Posted in Divagacións
4 Comments »

Isto vén sendo o que lle chaman putada no meu pueblo. Volverme sanote aos meus anos, a quen se lle conte…