Xaneiro, 2007

Xaneiro 22nd, 2007 Xaneiro 22nd, 2007
Posted in Medios, Momentos freaks, País
15 Comments »

[gv data=”Fli5qcbTszk” width=”425″ height=”350″][/gv]

Sinxelamente enorme, se o produto orixinal do Vincent Jalo me parecera enorme, ver a Amancio Prada a ritmo de Funky Cold Rosalía no Luar, aínda que o DJ non fose o propio pai da criatura, xa foi superior. E se aínda por riba un o ve nun deses sitios aos que adxectivos coma “mítico” ou “antolóxico” lles quedan pequenos… imaxínese. Ala, góceno.

Highway to hell

Xaneiro 19th, 2007 Xaneiro 19th, 2007
Posted in Divagacións
7 Comments »

ac-dc.jpg

Ven vostedes o que consigue esta xente montándoa co Estatuto? Que un agarra cabreos, envenénase e ata esquece colgar por aquí as súas gracietas gráficas. Esta téñoa feita dende que Ánxela Bugallo compareceu no Parlamento para contarnos o que tiña pensado facer con Don Manuel’s Bros Park, pero en fin… acábaseme de vir á cabeza, e aproveitando o paso de Eisenman (escríbese así?) por Compostela, aquí o teñen. Que lo gocen con salú.

E os chistes que contaba na intimidade…

Xaneiro 19th, 2007 Xaneiro 19th, 2007
Posted in Alén Piornedo
12 Comments »

Lembran este señor? Si, é o humorista aquel que agora deixou melena. Seica en determinados sectores de Alén-Piornedo é tan admirado coma os nosos Tonechos. Estes días disque actuaba en Italia.

Non puido ser, o fúrbol é así

Xaneiro 17th, 2007 Xaneiro 17th, 2007
Posted in País
68 Comments »

Como foto, preciosa. Tamén é o que deu de si a xuntanza, polo que parece. E mentres e non, outro día, outro ano, e sabe Dios outro “que” perdido para o País. Estamos demasiado ocupados en ser estrategas de cara a maio, ao 2008 ou ao 2009, de seguir o que ditan de máis abaixo… de quedar ben, ou polo menos que o pareza. Así as cousas? Pois nada, que xa estamos un pouco máis preto de Murcia, cando menos legalmente. E a agardar a que veñan mellores. Como xa escribín hai tempo, estou levando decepcións co Goberno, do outro xa non agardaba gran cousa… Agora ben, se hoxe se tivese chegado a algo, aínda que fose á nación con voltas, revoltas e reviravoltas, estaría un pouco (pouco) máis satisfeito. Agardo que agora, polo menos a pouca confianza que me pode quedar nalgún dos da foto, non teña que retirala por que ande máis ocupado en como vender o non-acordo. Detrás hai un País, aínda que semellen non decatarse na foto.

Eu tamén son dos exiliados

Xaneiro 10th, 2007 Xaneiro 10th, 2007
Posted in Divagacións, Medios
34 Comments »

muralla-noite.jpg

Nunca lle pasou a vostede, nalgún momento que, lendo un libro, unha revista ou, sobre todo, un xornal, chegou á seguinte conclusión? “Este/a parece que me leu o pensamento e o escribiu en bonito”. Pois iso, exactamente iso é o que me pasou ao ler a contra do Galicia Hoxe de hoxe mesmo, valla a redundancia. Henrique Alvarellos, na súa Crónica da semana invisible, titulada destavolta Rapsodia en Lugo, non é que me lera o pensamento, é que mo calcou. Especialmente neste parágrafo que me permito reproducir. Góceno, aínda que non sexan nin teñan nada que ver con Intramuros, que é ben bonito. E os que si sexan e pertenzan ao xénero dos exiliados… Digan que si coa cabeza e que o punto melancólico lles dure o xustiño para que a Muralla os reciba con agarimo cando volten de visita, outra vez. Aí lles vai:

MÉRCORES, 3

Lugo irreal, Lugo invisible. Nestes días de lecer sobe o neboeiro miñoto ao castro amurallado. Entre a bruma un atopa en rúas, parques, clubs-fluviais e bares de madrugada a todos os que noutro tempo eramos esmorga, panda, tardes interminables, pupitre de instituto, campo de xogo… Ás veces o Lugo dun parece unha cidade de exiliados. Todos os que retornamos para ver xermolar o ano na matria natal. Cada un de nós recobra posicións, ocupa de novo aqueles lugares, por só uns días. Como se o tempo dese volta, aí, ese tempo cando as rúas coñecían os nomes de cada un de nós. Pero xa non é así. Este é un Lugo invisible, un Lugo irreal. Mais un aproveita cada minuto desta película imposible e dalgún xeito faina revivir, como nos vellos tempos.

De viñetas

Xaneiro 4th, 2007 Xaneiro 4th, 2007
Posted in Alén Piornedo, Divagacións, Medios
33 Comments »

vineta-avui.jpg

Leo nun dixital deses que son divertidos e dan repelús a partes iguais, que a Asociación de Víctimas del Terrorismo puxo o berro no ceo a causa da publicación, no xornal catalán Avui, desta viñeta, que recolle a varias persoas que, manifestándose contra o Goberno central logo do atentado do pasado sábado en Madrid, se felicitan do mesmo polo dano que este lle vai facer ao Partido Socialista. Non entrarei á valoración, que vostedes deducirán. Só tentarei facer un pouco de memoria. Lémbranse doutras viñetas e de quen, e en que sentido, poñía o berro no ceo?.

Plaza de María Pita con Catedral de San Francisco

Xaneiro 3rd, 2007 Xaneiro 3rd, 2007
Posted in Momentos freaks, País
4 Comments »

Disque Paco quere un bispado para A Coruña. Non lles direi que me sorprenda… de feito, quen non fixo a coña cando lle pegaron a patada para enriba e o mandaron para La Roma? Un, que ten unha mente que se se ocupase en cousas útiles xa tiña catro carreiras… deixou voar o seu miolo para pensar na próxima proposta. Adxunto postal-ficción. Ollo cando se revise o PXOM herculino… non vaia ser que nos sorprendan cunha Santa Igrexa Catedral Basílica de San Francisco de La Coruña… trasladada desde la aldea, neno.