Pido tempo (vivo!)

Febreiro 8, 2007 ás 9:21 pm | En Divagacións |

O tempo. Non teño vacacións dende Semana Santa... xa sei que me queixo de vicio. É máis, se eu me vise a min mesmo dende fóra diría "este quéixase de vicio, tonto, que eres tonto, animaliño (etc.)". Pero a cada un dóelle o seu. Boto de menos o tempo para estar aquí ou alá, sen mirar o reloxo. Boto de menos unha semana enteira prolongando a sesta ata que toque. Boto de menos facer cousas de sábado un martes. E dáme a impresión de que estou perdendo cousas que só pasan agora, e nunca máis... aínda que, obviamente, estea gañando outras moitas. O dilema que toca hoxe é o seguinte: vinteseis folios con cousas que me interesan cero (aprox.) ou osixenarme algo. Faga o que faga, a conciencia vaime dicir que tal que cal e que sei eu... así que...

Chuzame! chuzame -

2 Comentarios »

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI

  1. eu tamén che digo que tal que cual que sei eu! Vale que non son a túa conciencia, pero bástelle con saber que non perde nada mentres a xente que o bota de menos non gañe nada só porque falte vostede.
    ejem, enténdeseme? Bueno, senón, pídame que lle-lo explique no bar, xa sabe onde! ;)

    Comentario por madeleine — 10 Febreiro 2007 #

  2. Entendino á terceira lectura, para que despois digan que os xornalistas non temos capacidade de análise :P Agradécese eh!

    Comentario por O'Xirarei — 10 Febreiro 2007 #

Deixa un comentario

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios. Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^