Pido tempo (vivo!)
Febreiro 8, 2007 ás 9:21 pm | En Divagacións |
O tempo. Non teño vacacións dende Semana Santa... xa sei que me queixo de vicio. É máis, se eu me vise a min mesmo dende fóra diría "este quéixase de vicio, tonto, que eres tonto, animaliño (etc.)". Pero a cada un dóelle o seu. Boto de menos o tempo para estar aquí ou alá, sen mirar o reloxo. Boto de menos unha semana enteira prolongando a sesta ata que toque. Boto de menos facer cousas de sábado un martes. E dáme a impresión de que estou perdendo cousas que só pasan agora, e nunca máis... aínda que, obviamente, estea gañando outras moitas. O dilema que toca hoxe é o seguinte: vinteseis folios con cousas que me interesan cero (aprox.) ou osixenarme algo. Faga o que faga, a conciencia vaime dicir que tal que cal e que sei eu... así que...
chuzame -
2 Comentarios »
Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI
Deixa un comentario
Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios.
Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^















eu tamén che digo que tal que cual que sei eu! Vale que non son a túa conciencia, pero bástelle con saber que non perde nada mentres a xente que o bota de menos non gañe nada só porque falte vostede.
ejem, enténdeseme? Bueno, senón, pídame que lle-lo explique no bar, xa sabe onde!
Comentario por madeleine — 10 Febreiro 2007 #
Entendino á terceira lectura, para que despois digan que os xornalistas non temos capacidade de análise
Agradécese eh!
Comentario por O'Xirarei — 10 Febreiro 2007 #