Febreiro, 2007

O percheiro

Febreiro 24th, 2007 Febreiro 24th, 2007
Posted in Xornalistiña
67 Comments »

[gv data=”BKA_bm6DXmQ” width=”425″ height=”350″][/gv]

Quen, dos que pasamos ou temos algo que ver con esta casa non despotricamos sobre o que alí se fai?. Un día falarei -outravolta- disto… das horas perdidas, da non-experiencia, da filosofía da “ciencia” cuxo percorrido é igual aos metros dos corredores do propio edificio. Aínda así, non todo vai ser tirarlle pedradas: unha boa mostra dos agasallos que nos fai esa factoría é este video que aquí lles colgo. Os pais da criatura son os técnicos Txapu e Marisa, que disque montaron o video nunha tarde, dentro dun cursiño do Centro Multimedia de Galiza e a cousa quedou ao máis puro estilo Charles Chaplin. A min encantoume!

Revolvendo Roma con Santiago (e viceversa)

Febreiro 23rd, 2007 Febreiro 23rd, 2007
Posted in Divagacións, Rachí
56 Comments »

roma-066.jpg

Hai hoxe unha semana volvía, cos pés completamente mallados, de pasear pola Praza de San Pedro, a Praza Navona, a Praza de Paco -digo… despaña, coño-, a magnífica Fontana di Trevirimos, moitísimo, pateamos aínda máis… e comemos pasta e xelados (recomendo especialmente os que saben a Ferrero Rocher, no Trastévere). Foron varios os que me preguntaron “que foi o que máis che gustou?“. Pois non sabería dicirlles… a pedra non é como a nosa, todo hai que dicirlo, pero teño que confesar que volvín encantado de estar pisando historia durante catro días, coñecendo e tamén facendo as máis escarallantes paranoias a moitos quilómetros da casa. Non sabe vostede, señora, o ben que lle senta a un botar un pé na Piaza del Popologravar unha crónica ao máis puro estilo das edicións máis rancias d’A Revista… e rir moito. Bueno, rapaces, hai que pensar na próxima non? Non hai queixa ningunha da compañía no viaxe, todo hai que dicilo, sen vós seguro que a cidade non me sabería nin a metade de ben.

Analice comigo o titular

Febreiro 12th, 2007 Febreiro 12th, 2007
Posted in Divagacións, Medios, País
6 Comments »

son-maltrato.jpg

A ver a vostede que lle parece, señora, porque igual somos a miña maldá e mais eu que lle sacamos defectos a todo e tal. Títula La Voz de Galicia Los pellizcos y el control de los gastos o amistades de la mujer son violencia doméstica para la Xunta. Como interpreta isto? a) Por fin alguén recoñece que isto tamén é violencia b) Mira tú ho, va ser violencia esto si es lo más normal del mundo, también cómo son.

Un orfo máis

Febreiro 11th, 2007 Febreiro 11th, 2007
Posted in País
31 Comments »

Dende onte, este maquinillo é orfo. Agora teremos que coidalo entre todos, que o saiban. Que se preparen aló arriba co Alexandre… (San Pedro, no se valen rolos ni cambios -dirá San Pedro… ah!, no meu ceo xogamos así…).

O artigo de Oleguer.

Febreiro 8th, 2007 Febreiro 8th, 2007
Posted in Alén Piornedo
10 Comments »

O chaparrón que lle está caendo ao Oleguer. Lea e xulgue vostede mesma, señora, que se vai fartar de escoitar falar deste artigo. A quen defende? A quen ataca? Conclusións? De momento, seica a empresa que o patrocinaba xa di que deixará de facelo. Lembran o das viñetas?

Pido tempo (vivo!)

Febreiro 8th, 2007 Febreiro 8th, 2007
Posted in Divagacións
2 Comments »

O tempo. Non teño vacacións dende Semana Santa… xa sei que me queixo de vicio. É máis, se eu me vise a min mesmo dende fóra diría “este quéixase de vicio, tonto, que eres tonto, animaliño (etc.)”. Pero a cada un dóelle o seu. Boto de menos o tempo para estar aquí ou alá, sen mirar o reloxo. Boto de menos unha semana enteira prolongando a sesta ata que toque. Boto de menos facer cousas de sábado un martes. E dáme a impresión de que estou perdendo cousas que só pasan agora, e nunca máis… aínda que, obviamente, estea gañando outras moitas. O dilema que toca hoxe é o seguinte: vinteseis folios con cousas que me interesan cero (aprox.) ou osixenarme algo. Faga o que faga, a conciencia vaime dicir que tal que cal e que sei eu… así que…

Os premiados son -de momento-: Albor, Laxe, Fraga e Touriño

Febreiro 7th, 2007 Febreiro 7th, 2007
Posted in País
7 Comments »

expresidencia.jpg

Fanno a propósito? O de desilusionar, quero dicir. Porque senón cousas coma estas non se entenden. Resulta que o futuro ex-presidente da Xunta e actual xefe do Goberno galego, xa na campaña electoral e, máis tarde, no seu discurso de investidura, prometera dignificar e darlles o trato institucional que merecen aos ex-presidentes. Ata aí, non me parece mal, mesmo me parece ben. Agora, ano e pico despois, concrétase a proposta: aproveitarase toda a vagaxe política dos presidentes galegos do seguinte xeito: pasarán a formar parte, de desexaren, do Consello Consultivo. Paréceme perfecto, perfectísimo. Pero o conto non é ese. O conto é que, coma membros do devandito órgano, cobrarán en torno aos 68.000 euros anuais durante doce anos (o máximo que poderían permanecer na institución, aínda que algúns, por lei vital, non creo que cheguen tan lonxe). Ademais, meus pobres, disporán de coche oficial, servizo de secretaría e dun asistente persoal -un funcionario da Xunta que todos pagamos- á súa disposición.

Di o Conselleiro do ramo, señor Méndez Romeu, que a norma só sairá adiante se hai consenso total entre as tres forzas do arco parlamentario, a saber: o PP (dirá que non a que Don Manuel sexa persoeiro ata a fin dos seus días?), o PSOE (impulsor da idea) e o BNG (socio de Goberno que, neste caso e como xa se deduce dalgunhas declaracións, non rachará pacto ningún, disque a medida “dignifica” as institucións galegas e que a remuneración será a contrapartida a un servizo prestado -despois matizaron, seica…-).

Nota mental: hai xente neste santo País, pensionistas que, coa mesma idade que a que terán estes paisanos cando se convirtan en xubilados, cobran, con sorte, cincocentos euros ao mes. Será por cartos…

Apoia o .gal

Febreiro 4th, 2007 Febreiro 4th, 2007
Posted in País
1 Comment »

Falando de todo un pouco… sabe vostede que dende hai uns días xa se pode apoiar o dominio .gal de xeito individual? Pois por se non o sabía, eu lémbrollo. Pode facelo premendo aquí. Xa vexo o www.malodeaturar.gal.

Hoxe falei coas nubes

Febreiro 3rd, 2007 Febreiro 3rd, 2007
Posted in Divagacións
9 Comments »

pide-nubes.jpg

Actualización: que boa noite quedou, que boa noite.