Marzo, 2007

Historias do boikot

Marzo 24th, 2007 Marzo 24th, 2007
Posted in Alén Piornedo, Medios
67 Comments »

Ai, que ocorrencias teñen estes señores. Non lles chega con tomar a rúa, cual rojos, senón que agora se apuntan ao rollito boikot. Non ven vostedes ao señor de enriba, cos Acebes de turno dicindo

Eduardo a ver qué te parece.. she me ocurre que la idea que ha tenido Angelito puesh eshtá muy bien no? Hagamosh como losh rojosh, los jipish y los mariquitash cuando la guerra, que querian boicotear los productos americanosh no? Puesh boicoteemosh a Polanco, hombre, que she va a cagar. Yo ya me he tomado la jushticia por mi mano y estha mañana mismo la chacha ha llegado con un peshcado envuelto en El País y ya le dije yo, tararí que te ví, devuélvalo y que te lo den en un periódico decente.

Coñas son coñas, pero o desta xentiña cada vez dá máis risa e medo, a partes iguais. Miren que me molesta que a zapatero e a min se nos ocurran as mesmas cousas… pero onte mesmo pensaba eu o que hoxe dixo el… Imaxinan que farian estes elementos, no plan que están, se en lugar de na oposición estivesen no Goberno? Nin Don Manuel nos seus mellores tempos.

Nota mental: a verdade é que falar non ten cancelas… pero hai comentarios e comentarios, tamén e certo. (Aínda que non difiran moito da realidade, que ese é outro conto).

Aquí… tumbado

Marzo 21st, 2007 Marzo 21st, 2007
Posted in Divagacións
3 Comments »

Por primeira vez en nin se sabe canto tempo, teño algo máis de noventa e seis horas, con cadanseus sesenta minutos, para non traballar, para non facer case-nada. O meu principal planazo consiste, fundamentalmente, no culto ao corpo, isto é: facer o menos posible e adicarme a tumbarme á bartola. O que se agradece… e ademais a cousa promete, mesmo tendo en conta que aborrezo proxectar as cousas milimetricamente… pero é que unha chegada de hordas atlánticas a Intramuros (ademais da miña propia) pode ser para lembrar… Vou descansar.

Ata sempre, maestro.

Marzo 20th, 2007 Marzo 20th, 2007
Posted in País
16 Comments »

Estiven buscando unha foto súa, en grande, e non atopei ningunha. Quizais é porque sempre estivo por tras dalgún grande. Hoxe marchou, o que que o van pasar alí arriba, agora Pucho xa ten quen lle faga os arranxos das cancións. O ceo será unha festa. Que vaia ben, Prudencio.

ZP é o enviado de Lucifer

Marzo 6th, 2007 Marzo 6th, 2007
Posted in Alén Piornedo
37 Comments »

Atopo, vía A Randeeira, esta fotografía de jovenzuelos pacifistas que, como podemos observar na imaxe, están consternados (moito) pola que está montando o Goberno central (si, seguro que sabe quen é, o do masón este que despois de romper Sssspaña,coño agora entrega loquenosestándejandodespaña aos terroristas) con De Juana ese señor que para ben ou para mal, alá cada un, xa cumpríu a súa condea por matar vintecinco persoas, e ao que pretendían, nun primeiro momento, multiplicarlle por non sei canto os anos de cadea por ameazar xente nuns artigos en Gara (ameazar peor que matar? vaia vostede saber, porque se nos metemos nesa dedución lóxica, ao mellor os da foto… en fin).

Xa se me ía o fío. O conto, estes chavalillos, púberes en contra da dictadura deses rojazos que des-gobernan Sssspaña (coño!), berraban o seguinte (obtido d’A Randeeira e á súa vez de La Nueva España, ese xornal):

“Unos trescientos falangistas y militantes de base del PP se concentraron ayer frente al Ayuntamiento de la localidad murciana de Lorca, donde el presidente del Gobierno, José Luis Rodríguez Zapatero, tenía previsto acudir a una recepción oficial, enarbolando pancartas que rezaban «Zapatero, anticristo» y «España cristiana, no musulmana».

Non me dirán vostedes que estas consignas non superan ou, cando menos, igualan ás xa célebres “Cómo me mola la bandera española / a mí me gusta mucho pero falta el aguilucho“, “Menos gallego y más eucaliptos” ou “Selección Gallega pim, pam, pum“.

Nota mental: se non desen pena e un pouco de medo, só serían capaces de provocar o escaralle xeralizado.

Uka, uka, uka

Marzo 6th, 2007 Marzo 6th, 2007
Posted in Momentos freaks
3 Comments »

[gv data=”LKu_QA8Bn9o” width=”425″ height=”350″][/gv]

Como non podía ser doutro xeito, os desexos da audiencia son practicamente ordes. Así as cousas, e diante das presións populares, aquí o teñen vostedes. Gocen do talento musical de David Hasselhoff (si señorita, escríbese así, como soa…) –Michael Knight, Mitch Buckanan, ai Diorrmío!-, dos máis punteiros efectos especiais dos anos oitenta, de todo un retrato etnográfico a xeito de videoclí. Non teño palabras. Señora, déalle a play, xa non sei que fai lendo… Mondo bizarro!

Ai, estes demócratas-de-toda-la-vida

Marzo 3rd, 2007 Marzo 3rd, 2007
Posted in Alén Piornedo
7 Comments »

A min, como mínimo, isto chámame a atención. Pero xa se sabe, os que amparan aos amigos dos terroristas, e xa non digamos os que somos radical-separatistas, non sabemos respetar a vida, o Estado de Dereito e comemos nenos. Os que si o fan, pois distínguense, coño ya…

A fábula da froitaría

Marzo 3rd, 2007 Marzo 3rd, 2007
Posted in Divagacións, País
52 Comments »

Había unha vez un home que tiña unha froitaría na que vendía todo tipo de froitas: mazás, laranxas peras… o negocio íalle ben e mesmo abriu outro, na mesma rúa, un pouco máis abaixo. A froitaría deste home chegou a ser o negocio máis exitoso do barrio; comezou traballando el coa filla, logo colleron un empregado, logo outro… ata ser toda unha empresa, un auténtico pulmón económico daquela rúa. Un bo, ou mellor dito, un mal día, comezaron os problemas. A Federación Veciñal da cidade cambiou a directiva e prohibiu que as froitarías deste home vendesen tantas froitas. Dende entón, só podería vender mazás que non estivesen maduras, só e unicamente mazás verdes.

Pouco a pouco aquel esplendoroso negocio foi a menos, o noso protagonista comezou a botar empregados, as ganancias apenas lledaban para pagarlle un soldiño á filla. O Concello fixouse naquela situación inxusta e deulle algunhas axudiñas para ir tirando… pero enterouse un xuíz e declarounas ilegais.

Un bo día, a directiva da Asociación de Veciños do Barrio cambiou, e mediante a negociación cun supermercado do barrio, acadou un trato: este supermercado mercaría a froitaría, cos seus dous locais, e cun préstamo do banco que había naquela mesma rúa, poría a funcionar a pleno rendemento os dous negocios, mesmo tería que coller novos empregados… Pero ai! a cousa necesitaba a aprobación do Concello e maila Federación Veciñal… o alcalde dixo (non consta si coa boca grande ou coa pequena) que adiante, pero claro, os da Federación non o tiñan tan claro. Eran do mesmo partido có alcalde, pero nada, nin supermercado, nin froitas, nin empregados nin hostias. Disque estaban máis interesados en promocionar un centro comercial que había nun barrio máis rico.