Votar non ten cancelas

Abril 20, 2007 ás 7:38 pm | En País |

Hoxe díxoo Pepiño de Palas (PdP) e, of course, saíu aos catro ventos. E non me parece mal. Por primeira vez -creo- estou dacordo con este señor nunha alta porcentaxe. Pero vaia por diante que non descubríu a auga quente... e é que nin moito menos é ao primeiro que, postos a cadrar as contas, chega á conclusión de que un máis un veñen sendo dous; a saber: hai uns señores que marcharon fundamentalmente para Sudamérica hai moitos anos e, a día de hoxe -os que quedan vivos-, reciben asistencia sanitaria e social da Xunta. Estes señores, que dende hai trinta ou corenta anos non veñen por Galiza máis que saudar, poden votar, decidir e, ás veces, desequilibrar a elección do futuro Alcalde, Presidente, Concelleiros, Deputados e demais familia. Os seus fillos, nacidos alá, tamén poden votar. Agora, que os netos tamén van poder ser españoles-de-toda-la-vida e polo tanto galegos disque tamén -estálle así montado, señora- van poder votar. E veña máis viño, e máis polbo, e máis empanada.

Por seguir remitíndome a referentes aos que non adoito (mesmo concordando con eles bastante máis que con PdP), conclúo cun exemplo moi gráfico que puxo estoutro señor: imaxinan vostedes que en Irlanda existise un sistema electoral coma o de aquí? Os irlandeses excusaban ir votar, porque decidirían os corenta millóns de ianquis que descenden de irlandeses. Pois iso. Que cada un vota na súa casa. Home xa.

Nota mental: para os que non quedasen convencidos, consulten o argumentario para seguiren defendendo a súa posición.

Segunda nota mental: Presidente, arre, xo, ou nada?

Chuzame! chuzame -

No Comments yet »

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios. Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^