Abril, 2007

Quin-dependencia

Abril 29th, 2007 Abril 29th, 2007
Posted in Momentos freaks, País
2 Comments »

quin-dependencia.jpg

A Vicepresidencia de Anxo Quintana, digo da Xunta, presentou onte unha campaña a prol da independencia. Como titular é impactante, non si? (Suspiro dramático)

Os riscos da publicidade

Abril 26th, 2007 Abril 26th, 2007
Posted in Momentos freaks, País
2 Comments »

chuzapp.jpg

Internet é perigosa, iso sábeo todo o mundo (non hai máis que ver un informativo calquera, de Antena 3, poñamos por caso, para saber que isto non é máis ca un invento para crear, a escala mundial, un niño de pederastas, estafadores e terroristas). Un dos riscos de máis recente creación son os banners que non contrata o anunciante, senón a axencia publicitaria. Así, ti tes na túa web un banner que vai cambiando, e hoxe véndeche chourizos e mañá coches… ou anuncia mitins do PP… O sábado todos con Mariano, coño ya! [poden premer na imaxe para vela en toda a súa plenitude]

Nota mental: a todo isto, grazas polo aluvión de mostras de solidariedade logo da miña entrada nos dous parrulos :).

Vintedous o vintedous

Abril 22nd, 2007 Abril 22nd, 2007
Posted in Cousas da casa
13 Comments »

Pois iso, que coas coñas un vaise facendo vello… pero miren que coincidencia tan estupenda non? Vintedous o vintedous. Pois así o manifesto para que conste aos efectos oportunos.

Aquí é que están coma na casa…

Abril 21st, 2007 Abril 21st, 2007
Posted in Medios, País
112 Comments »

Pois si, señora. O alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao (PP), censou no seu Concello aos presos do cárcere de Bonxe e mais aos anciáns da Residencia Carlos IV (edificio que ía ser un hotel de luxo e que a falta de orzamento rematou convertindo nun xeriátrico, de luxo e de Lugo) . Disque xa que están aí, chuchando dos servizos municipais (e se nos poñemos, ata do osíxeno, o ceo e a luz solar do Concello), que menos que botar unha man o vintesete de maio, que aínda que todo está bastante atadiño dende hai moitos anos, sempre é mellor saír a amarrar. En síntese: xa está o grupo Prisa manipulando… aiii

Votar non ten cancelas

Abril 20th, 2007 Abril 20th, 2007
Posted in País
Comentarios desactivados en Votar non ten cancelas

Hoxe díxoo Pepiño de Palas (PdP) e, of course, saíu aos catro ventos. E non me parece mal. Por primeira vez -creo- estou dacordo con este señor nunha alta porcentaxe. Pero vaia por diante que non descubríu a auga quente… e é que nin moito menos é ao primeiro que, postos a cadrar as contas, chega á conclusión de que un máis un veñen sendo dous; a saber: hai uns señores que marcharon fundamentalmente para Sudamérica hai moitos anos e, a día de hoxe -os que quedan vivos-, reciben asistencia sanitaria e social da Xunta. Estes señores, que dende hai trinta ou corenta anos non veñen por Galiza máis que saudar, poden votar, decidir e, ás veces, desequilibrar a elección do futuro Alcalde, Presidente, Concelleiros, Deputados e demais familia. Os seus fillos, nacidos alá, tamén poden votar. Agora, que os netos tamén van poder ser españoles-de-toda-la-vida e polo tanto galegos disque tamén -estálle así montado, señora- van poder votar. E veña máis viño, e máis polbo, e máis empanada.

Por seguir remitíndome a referentes aos que non adoito (mesmo concordando con eles bastante máis que con PdP), conclúo cun exemplo moi gráfico que puxo estoutro señor: imaxinan vostedes que en Irlanda existise un sistema electoral coma o de aquí? Os irlandeses excusaban ir votar, porque decidirían os corenta millóns de ianquis que descenden de irlandeses. Pois iso. Que cada un vota na súa casa. Home xa.

Nota mental: para os que non quedasen convencidos, consulten o argumentario para seguiren defendendo a súa posición.

Segunda nota mental: Presidente, arre, xo, ou nada?

A menudo me recuerdas a mí…

Abril 6th, 2007 Abril 6th, 2007
Posted in País
12 Comments »

Nestas datas tan sinaladas, convido ao agudo lector a buscar as diferenzas entre estas bonitas, apaixonadas e pintorescas estampas de nuestra tierra. Cal manda máis chover na Habana das dúas? Por se o non-lugués non recoñece a máis recente, data do pasado luns… o motivo? A entrega dunha bandeiriña nova aos marineritos que desfilan coa Virxe da Esperanza (en Lugo ninguén se atreve a dicir aquilo de pega menos que a un Cristo dúas pistolas, porque aquí saen Virxes con metralletas, mireusté).

Nota mental: comezará a usar gomina e afeitará a barba o señor da esquerda para irse parecendo máis, progresivamente, ao da dereita? Faga xogo, señora.

O tren que me leva…

Abril 4th, 2007 Abril 4th, 2007
Posted in Divagacións, País
5 Comments »

Viron vostedes o chintófano este? Máis ou menos coma os nosos, vaia… seguro que calquera día vemos un destes chegar a unha desas estacións do interior, tan cheas de actividade.