A fesssta da democracia
Maio 26, 2007 ás 11:29 pm | En Cousas da casa, Divagacións, Xornalistiña | 8 ComentariosMañá vai ser un día especial. Por unha banda, porque xa votei, por outra, porque o vou contar... así que verei todo dende máis preto ca nunca e á vez cunha certa distancia... como quen ve unha película. Non farei unha análise previa á xornada na que se celebra a gran fesssta da democraciaaa... aínda que, obviamente, teño os meus pronósticos, as miñas preferencias e os meus desexos. Pero en fin, é o que lle ten o "pobo soberano", que soberanea ao seu libre albedrío -ou non-, que non ten que coincidir exactamente co de un. O malo é cando un pregunta aquilo de "non sei se [eu] son dos nosos"... Pero iso xa é outro cantar -e seguro que hai máis xente que o pensa-.
En fin... moitas horas de traballo por diante, de estrés e satisfacción. E todo isto no día no que fun consciente de que onte asinei o inicio dunha aventura cun quinteto de feito... imos ser a familia máis moderna do pueblo.
chuzame -
Un moi bo día
Maio 20, 2007 ás 6:04 pm | En Cousas da casa, Divagacións, Xornalistiña | 17 ComentariosMáis dunha vez teño comezado algunha entrada nesta casa con algo así como "hai días nos que semella que todo sae mal..." "hai días nos que é mellor non erguerse da cama...", etc. Pois hoxe quero compartir con vostede, señora, un día que foi todo o contrario. E é que nas últimas horas, concretamente ao longo da xornada do sábado 19, quen lle fala solucionou, vía paterna, as súas tribulacións automobilísticas -provocadas por un elemento con poucos miolos e moitos cabalos que, pensando que é un xoguete, xoga co seu cochiño (de coche, non de cocho) ata que atopa a alguén de frente.
Logo desa sorpresa ao máis puro estilo película-de-antena-3-de-despois-de-comer (faltaba o laciño no capó), un empregou a tarde en rememorar os últimos catro anos na Factoría. Rimos, lembramos, aplaudimos (moito), sentímonos todos un pouco disfrazados e digamos que quedamos con bo regusto, bo sabor de boca, vaia. Penso que todos tivemos un pouquiño a sensación de que algo remata, aínda que algúns xa levemos con ela un tempiño por outras circunstancias. Algo remata, iso seguro, pero non remata todo, iso nunca.
chuzame -
Espabilación, a xusta
Maio 18, 2007 ás 10:46 pm | En País | 1 ComentarioUn día, un petardo. Outro, unha ola que non estoura. Outro máis, un guindastre queimado. E chegará un día que, por mala hostia, o muro no que está colocado o petardo de turno caerá, e matará a alguén, ou produciralle queimaduras, ou levaralle un brazo por diante. E ese día pasarán de ser uns animaliños con roupa a ser algo peor. Mentres e non, a seguir así de patriotas, que lle estades facendo un favor ao País que manda carallo. E os demais, claro, unha pandilla de españois, que non loitan pola Patria, etc. E de paso, a darlles argumentos. (Foto: Sandra Alonso)
chuzame -
Dj Quin, confesións
Maio 12, 2007 ás 6:48 pm | En País | 44 ComentariosSaín animado, xovial a pesar do meu frustrado intento de ser unha estrela do mundo da música. Na miña defensa teño que dicer que gosto da música, e merco os meus cd´s de cando en vez, teño unha boa colección. Pero supoño que as miñas preferencias distan un pouco das dos máis mozos. Na miña etapa mocil fixen de discjockey na discoteca de Allariz. Tiven que procurar o vocablo en google, antes dicíase ?pinchadiscos?. É antigo, xa o séi, agora é a era dos ?DJ? ou deejay, algún deles verdadeiramente famoso ou famosa.
Anxo Quintana, artista multimedia
Máis comentarios sinceros, antigos, profundos e inconfesábeis, no resucitado blog de Quin.
chuzame -
Democracia a pé de ría
Maio 9, 2007 ás 10:00 pm | En País | 5 Comentarios
"Felizmente, hoxe mesmo, pola mañá, puídose producir a entrada dese gaseiro na ría de Ferrol"
Emilio Pérez Touriño, Presidente da Xunta
chuzame -
Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios.
Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^















