Maio, 2007

A fesssta da democracia

Maio 26th, 2007 Maio 26th, 2007
Posted in Cousas da casa, Divagacións, Xornalistiña
10 Comments »

100_2571.JPG

Mañá vai ser un día especial. Por unha banda, porque xa votei, por outra, porque o vou contar… así que verei todo dende máis preto ca nunca e á vez cunha certa distancia… como quen ve unha película. Non farei unha análise previa á xornada na que se celebra a gran fesssta da democraciaaa… aínda que, obviamente, teño os meus pronósticos, as miñas preferencias e os meus desexos. Pero en fin, é o que lle ten o “pobo soberano”, que soberanea ao seu libre albedrío -ou non-, que non ten que coincidir exactamente co de un. O malo é cando un pregunta aquilo de “non sei se [eu] son dos nosos”… Pero iso xa é outro cantar -e seguro que hai máis xente que o pensa-.

En fin… moitas horas de traballo por diante, de estrés e satisfacción. E todo isto no día no que fun consciente de que onte asinei o inicio dunha aventura cun quinteto de feito… imos ser a familia máis moderna do pueblo.

Un moi bo día

Maio 20th, 2007 Maio 20th, 2007
Posted in Cousas da casa, Divagacións, Xornalistiña
25 Comments »

licencoche.jpg

Máis dunha vez teño comezado algunha entrada nesta casa con algo así como “hai días nos que semella que todo sae mal…” “hai días nos que é mellor non erguerse da cama…”, etc. Pois hoxe quero compartir con vostede, señora, un día que foi todo o contrario. E é que nas últimas horas, concretamente ao longo da xornada do sábado 19, quen lle fala solucionou, vía paterna, as súas tribulacións automobilísticas -provocadas por un elemento con poucos miolos e moitos cabalos que, pensando que é un xoguete, xoga co seu cochiño (de coche, non de cocho) ata que atopa a alguén de frente.

Logo desa sorpresa ao máis puro estilo película-de-antena-3-de-despois-de-comer (faltaba o laciño no capó), un empregou a tarde en rememorar os últimos catro anos na Factoría. Rimos, lembramos, aplaudimos (moito), sentímonos todos un pouco disfrazados e digamos que quedamos con bo regusto, bo sabor de boca, vaia. Penso que todos tivemos un pouquiño a sensación de que algo remata, aínda que algúns xa levemos con ela un tempiño por outras circunstancias. Algo remata, iso seguro, pero non remata todo, iso nunca.

Espabilación, a xusta

Maio 18th, 2007 Maio 18th, 2007
Posted in País
1 Comment »

Un día, un petardo. Outro, unha ola que non estoura. Outro máis, un guindastre queimado. E chegará un día que, por mala hostia, o muro no que está colocado o petardo de turno caerá, e matará a alguén, ou produciralle queimaduras, ou levaralle un brazo por diante. E ese día pasarán de ser uns animaliños con roupa a ser algo peor. Mentres e non, a seguir así de patriotas, que lle estades facendo un favor ao País que manda carallo. E os demais, claro, unha pandilla de españois, que non loitan pola Patria, etc. E de paso, a darlles argumentos. (Foto: Sandra Alonso)

Dj Quin, confesións

Maio 12th, 2007 Maio 12th, 2007
Posted in País
90 Comments »

dj-quin.jpg

Saín animado, xovial a pesar do meu frustrado intento de ser unha estrela do mundo da música. Na miña defensa teño que dicer que gosto da música, e merco os meus cd´s de cando en vez, teño unha boa colección. Pero supoño que as miñas preferencias distan un pouco das dos máis mozos. Na miña etapa mocil fixen de discjockey na discoteca de Allariz. Tiven que procurar o vocablo en google, antes dicíase ?pinchadiscos?. É antigo, xa o séi, agora é a era dos ?DJ? ou deejay, algún deles verdadeiramente famoso ou famosa.

Anxo Quintana, artista multimedia

Máis comentarios sinceros, antigos, profundos e inconfesábeis, no resucitado blog de Quin.

Democracia a pé de ría

Maio 9th, 2007 Maio 9th, 2007
Posted in País
5 Comments »

Felizmente, hoxe mesmo, pola mañá, puídose producir a entrada dese gaseiro na ría de Ferrol

Emilio Pérez Touriño, Presidente da Xunta