Menos dá unha pedra…
Xuño 12, 2007 ás 3:37 pm | En País |Estes dous rapaces que vedes aquí arriba quedaron onte no Hotel Monumento San Francisco, que é onde se montan boa parte dos saraos da Xunta, para reeditar o single Sin ti no soy nada, que ben se podería titular "Éche o que hai". A imaxe (mesmo sen os engadidos) ilustra bastante ben a situación: cariña de circunstancias en ambos líderes mediáticos, suspiro entrecortado un, cara de "en fin..." o outro... O caso é que hai pacto, light e sen cafeína. En según que sitios, Dios dirá, pero bueno.
Nota mental 1: Non esquezamos de onde vimos, aínda que estes non sexan uns cracks.
Nota mental 2: En que mans estamos...
Nota mental 3: Que me din da gravata do Presidente? (oé).
chuzame -
3 Comentarios »
Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI
Deixa un comentario
Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios.
Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^

















Non sendo que algún desminte revele que é agasallo de Orozcus Maximus… Eu sospeito que a gravata debe ser do “aleti”
Comentario por andaime — 12 Xuño 2007 #
Ai si ho, andamos ben por eses lares! Vaia cariñas de bueno, non se pode pedir moito máis.
Gran momento de Hoy por Hoy:
Declaracións de Fraga sobre Adolfo Suárez
-Pobriño que está todo senil, non coma min que estou como un boj, en castellano buxo. Ademas que desghracia que lle morreron as fillas
-¿Que opina do seu papel na Transicion?
-Eu diso non opino ímolo deixar estar.
FRAGA ENORME. El por suposto NON está senil.
Sen comentarios
Comentario por Ara — 14 Xuño 2007 #
E se temos en conta que Don Manuel rematou dicindo “esoselodejamosaloshistoriadores”… Cando empecen con el…
Comentario por O'Xirarei — 14 Xuño 2007 #