O día que me chamaron alevín ou fluxo comunicativo

Xuño 26, 2007 ás 5:48 pm | En Divagacións, Xornalistiña |

faculcaras.jpg

Como non son consciente, non teño moi claro que dicir. Supoño que un se decata dentro duns días, ou duns meses, cando xa non hai que se lembrar de entregar tal ou cal traballo, ou cando xa non anda rosmando polos corredores porque ten un exame que non serve para gran cousa. Supoño tamén que o feito de non pasar nos últimos meses pola casabranca tamén me amortigua máis a caída ou o salto mortal. Sexa polo que for, o certo é que vou botar en falta esa casa e aos seus habitantes máis dunha vez, seguro que si. Pero que nos quiten o bailado...

Chuzame! chuzame -

5 Comentarios »

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI

  1. eu estou mogollón de perdida. non son consciente de que todo acabou, pero xa teño case todos os bártulos metidos en caixas. sei que vou volver aquí a pasear e sair na pedra, pero polo de pronto terei que durmir de prestado. é estraño. parece que os próximos meses son coma un buraco negro que está a absorver os últimos catro anos

    Comentario por oko — 27 Xuño 2007 #

  2. por certo, na foto falto eu!!! (daquela tiña un pé roto, e a miña vida social resentiuse durante un mes ;)

    Comentario por oko — 27 Xuño 2007 #

  3. Tamén falto eu que pasa. Oko, non invente, vostede nunca tivo vida social. jaja

    Bicos!

    Eu aínda pasarei outro ano de dobre especialidade, supoño que por iso non me da tanta mágoa…

    Comentario por ara — 28 Xuño 2007 #

  4. Vanme obrigar a poñer unha foto de vos as dúas? Que non me custa nada eh! Sempre nos quedarán as rúas, o Porrón, as escaleiras da Quintana (que non de Quintana…)

    Comentario por O'Xirarei — 28 Xuño 2007 #

  5. Buy viagra impotence buyviagra.net….

    Buy viagra in canada. Buy viagra….

    Rastro (Trackback) por Buy gnric viagra next day. — 6 Marzo 2008 #

Deixa un comentario

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios. Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^