Xuño, 2007

Fachenda, digo Orgullo

Xuño 30th, 2007 Xuño 30th, 2007
Posted in Divagacións, País
5 Comments »

A todo isto, parabéns para tod@s! (Para todos os mariquitas y camioneras, a ver si vais pensar que soy, en fin, ya mentiendes :P)

Será por cartos… e por vergoña

Xuño 30th, 2007 Xuño 30th, 2007
Posted in País
26 Comments »

Xa llelo comentei hai un tempo, cando só era un proxecto, pero agora véxome na necesidade de volver sobre o tema, porque xa é realidade. O Consello da Xunta do pasado xoves -dispensen pola tardanza, pero seica agora os fluxos da información son temáticos e non temporais, ou polo menos iso me dixerondeu luz verde definitiva á reforma da Lei do Consello Consultivo e da Lei da Xunta e o seu Presidente. Así, estes chicos e os que veñan despois, poderán elixir entre as seguintes opcións:

  • Convertérense en membros do Consello Consultivo: Institución asesora do Goberno galego. Serán membros de pleno dereito, con coche oficial, privilexios diversos e disque en torno aos 68.000 € anuais de soldo. Se foron presidentes durante menso de catro anos, pertencerán durante seis ao Consello. Se o foron durante máis de catro, permanecerán doce anos.

  • Gozar dun funcionario ao seu servizo, coche oficial e seguridade persoal: durante catro anos se foron presidentes menos dunha lexislatura ou dez anos se o foron, polo menos, durante cinco. Durante os dous primeiros anos terán, como ata o de agora, soldo.

Así as cousas, jóvenes gallegos de lo común, saberedes que os señores Albor, Laxe, Fraga e Touriño, así coma os que lles veñan detrás, teñen xa un seguro de vida asegurado, valla a redundancia. Para que despois digan que neste país hai que emigrar, que non se vive ben, etc.

Nota ao pé: di Touriño que esta medida dignifica aos ex-presidentes (non especifica se só ao seu peto ou en xeral) e ao autogoberno galego. Isto último dío sen rirse nin nada.

O día que me chamaron alevín ou fluxo comunicativo

Xuño 26th, 2007 Xuño 26th, 2007
Posted in Divagacións, Xornalistiña
5 Comments »

faculcaras.jpg

Como non son consciente, non teño moi claro que dicir. Supoño que un se decata dentro duns días, ou duns meses, cando xa non hai que se lembrar de entregar tal ou cal traballo, ou cando xa non anda rosmando polos corredores porque ten un exame que non serve para gran cousa. Supoño tamén que o feito de non pasar nos últimos meses pola casabranca tamén me amortigua máis a caída ou o salto mortal. Sexa polo que for, o certo é que vou botar en falta esa casa e aos seus habitantes máis dunha vez, seguro que si. Pero que nos quiten o bailado

Saudamos ao neno mercuriano…

Xuño 20th, 2007 Xuño 20th, 2007
Posted in Momentos freaks, País
38 Comments »

Cousas veredes… O padroado da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento (composto por diversos señores con moitos cartos, o Conselleiro de Economía e mais o Noso Presidente, entre outros) reuníuse hoxe en Santiago para tratar temas diversos, a saber: a creación dun instituto para o estudo de enerxías renovábeis, un fondo de capital risco… e aprobar o estudo de viabilidade dun SATÉLITE DE TELECOMUNICACIÓNS. A tal hora non lle podo confirmar se se tratará do famoso Satélite Xabarín ou se no seu lanzamento se tocará a Pandeirada Sideral. Mentres o averiguamos, haberá que ir buscando patrocinadores, no deseño superior, a miña proposta. Xa o vexo: “a súa publicidade, a trinta e seis mil quilómetros de altura“.

Nenita, tianes que me dicir

Xuño 16th, 2007 Xuño 16th, 2007
Posted in Momentos freaks, País
5 Comments »

Á espera de máis novidades, e malia ao pouco hortodoxo do seu estilo (se temos en conta os canons da canción do verán) eu, de momento, xa teño candidato. Pasa el calimuecho!

Gallegos como tú

Xuño 15th, 2007 Xuño 15th, 2007
Posted in Blogaliza, Momentos freaks, País
85 Comments »

gse_multipart40771.jpg

Aproveito este espazo escrito en vernáculo para adherirme a esta nova e bonita iniciativa, que só pode estar creada dende o máis puro corazón de galegos de boa vontade. Simplemente enorme!!

Menos dá unha pedra…

Xuño 12th, 2007 Xuño 12th, 2007
Posted in País
3 Comments »

pacto.jpg

Estes dous rapaces que vedes aquí arriba quedaron onte no Hotel Monumento San Francisco, que é onde se montan boa parte dos saraos da Xunta, para reeditar o single Sin ti no soy nada, que ben se podería titular “Éche o que hai”. A imaxe (mesmo sen os engadidos) ilustra bastante ben a situación: cariña de circunstancias en ambos líderes mediáticos, suspiro entrecortado un, cara de “en fin…” o outro… O caso é que hai pacto, light e sen cafeína. En según que sitios, Dios dirá, pero bueno.

Nota mental 1: Non esquezamos de onde vimos, aínda que estes  non sexan uns cracks.

Nota mental 2: En que mans estamos…

Nota mental 3: Que me din da gravata do Presidente? ().

Ole, morena!

Xuño 10th, 2007 Xuño 10th, 2007
Posted in Rachí
1 Comment »

[gv data=”Dw1cF0UVL5s” width=”425″ height=”350″][/gv]

Vía Chuza! atopei unha nova razón para vencer, un ano máis, as miñas reticencias iniciais e coller o coche para irme meter tres días a ese planeta que cheira a kalimotxo e substancias estupefacientes e onde, cun pouco de esforzo, aínda se pode escoitar boa música. Este ano, disque Pepe Vaamonde Grupo fará acto de presenza… déixolles aquí un adianto, “Aires de Montillón”, clasicazo dese local lugués que debería ser, como mínimo, Patrimonio da Humanidade. Góceno.

Todo pasa… o bo tamén

Xuño 9th, 2007 Xuño 9th, 2007
Posted in Divagacións, Xornalistiña
56 Comments »

Hai cousa dun ano contáballes as miñas andainas de quen se ía enfrontar co que sempre quixera, cara a cara, por primeira vez. Como nas boas relacións, o tempo, malia ser moito máis do inicialmente previsto, pasou voando. E tanto. Ata tal punto que hoxe, coma quen non quere a cousa, rematou, polo menos de momento. Atrás quedan once meses de moito traballar, moito aprender… e de coñecer unha xente como hai pouca -e créanme que xa teño unha certa idea do que se coce por aí- que case me fai soltar a bágoa. En fin, disque cambiarei de altofalante, o novo é bastante máis pequeniño. Sempre queda a esperanza… o aliñamento planetario… a boa vontade… ou o raciocinio, vaia usté saber.

Venha máis pimba!

Xuño 2nd, 2007 Xuño 2nd, 2007
Posted in Momentos freaks
6 Comments »

Inauguro un novo trebello da alianza WordPress & Blogaliza para obsequiala, señora, cun agasallo sonoro. Onte escoitaba a Radio Galega de camiño ao traballo cando descubrín por uns segundos a que –se A polo Ghit non existise, ou aínda así- podería ser a nosa canción do verán; nosa e dos veciños. Quim Barreiros, o noso Quim, o seu Quim, intérnase no perigoso mundo dos ritmos veraniegos con este ghitazo: O meu popo no teu pipi. Non puiden facer senón pirateala e poñerlla aquí para que escoiten. A París de Noia que a vaia aprendendo, non vaia ser…

Nota técnica: Preman onde pon “audio mp3” para escoitar