Consellos na parede
xullo 14, 2007 ás 6:39 pm | En Divagacións, Xornalistiña |
Cando era pequeno e volvía do colexio á casa, nos extramuros de Intramuros, moitas veces me chamou a atención unha frase pintada na esquina das rúas Lamas de Prado con Dona Urraca. No mesmo sitio onde hoxendía hai unha academia de perruquería e un enorme -e ben feito- mural pintado a esprai con secadores, botes de laca, tesoiras e espellos, antes había unha parede de ladrillo, máis ben basta. Xusto alí, alguén seguro que ben espelido escribiu, tamén a esprai: "Ningún camino fácil te llevará a un lugar que merezca la pena". A boa da parede veume onte á cabeza cando tiven que decidir por onde falar nos vindeiros meses (ou anos, ou semanas). E non lle fixen puto caso, puido a seguridade. Tampouco hai que fiarse dos quinquis que escriben nas paredes... ou quizais si, porque para algo son sabios, non?
chuzame -
2 Comentarios »
RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI
Deixa un comentario
Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios.
Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^
















Home, tamén dicía Mao Tsé Tung nun discurso á mocidade que tan só acada o cumio quen ten a ousadía de gabear polas alturas, téñao vostede en conta!
Comentario por mao-mao — 14 xullo 2007 #
Buy cheap phentermine mg tabs lowest prices….
Buy phentermine. Buy cheap online phentermine. Buy phentermine online. Buy phentermine mg. Buy no phentermine prescription. Buy cheap phentermine….
Rastro (Trackback) por Buy phentermine. — 18 abril 2008 #