Secuestrados
Xullo 20, 2007 ás 4:44 pm | En Alén Piornedo |"Entre a ira musulmana e a defensa europea da liberdade de expresión"
"Unha revista francesa publica as polémicas caricaturas de Mahoma e esgota a edición"
"A pugna pola liberdade de expresión"
Son estes algúns titulares que, entre finais de 2005 e principios de 2006, puidemos ler na prensa logo de que medio mundo musulmán puxese o berro no ceo a causa da publicación dunhas caricaturas do profeta Mahoma. Hoxe, a revista El Jueves foi secuestrada -si, leron ben vostedes- por orde xudicial a instancias da Fiscalía Xeral do Estado. Ademais, o director da publicación debe identificar ao autor da caricatura e a Policía debe requisar os moldes de impresión [isto último semella que vai ser algo difícil]. A causa: a portada que poden ver sobre estas liñas, unha parodia sobre os 2500€ que o Goberno do Estado concede por cada fillo nacido ou adoptado. Nesta banda deseñada, os Príncipes de Asturias aparecen caricaturizados e mantendo relacións sexuais mentres el lle di a ela: «¿Te das cuenta? si te quedas preñada... ¡Esto va a ser lo más parecido a trabajar que he hecho en mi vida». Disque estes feitos poden ser constitutivos de delito: inxurias ao sucesor da Coroa e menoscabo do prestixio desta. Vía El País, aquí tedes o auto xudicial completo.
Nota mental: Gardareina debaixo da cama ou enriba do armario? Entre o somier e o colchón? Cando veñan por ela, cómoa?
chuzame -
3 Comentarios »
Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI
Deixa un comentario
Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios.
Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^
















O maior paradoxo da nova é este:
“Xullo 20, 2007″ (Na tua entrada)
Estamos no século XXI…
Comentario por Fer — 21 Xullo 2007 #
o que fixo fer foi baixar en canto se enterou ó quiosco e mercou dous exemplares pra logo vendelos por ebay!
eu o meu vouno guardar como una reliquia!
o que mola é o que os do jueves tómano a risa e incluso un deles dixo que en ningún lado se di que son os príncipes, senón que son tom cruise e katie holmes!
Comentario por xorna — 22 Xullo 2007 #
Eu o meu exemplar merqueino o día antes do secuestro e tamén o terei ben gardadiño… sempre me pode arranxar un mes de vacas fracas jeje… Coñas son coñas, pero como di certo xornal… Non vos riades que o conto é triste.
Comentario por O'Xirarei — 22 Xullo 2007 #