Xullo, 2007

Pérez Taurino, presidente

Xullo 27th, 2007 Xullo 27th, 2007
Posted in País
2 Comments »

perez-taurino.jpg

Vía Chuza! descubro esta noticia do xornal Clarín. Si, señora, Emilio Pérez Taurino (y olé), presidente de Galiza. Sabe o pior de todo? Que o propio personaxe podería referirse a si mesmo chamándose así, ou non? Non sei se estou atourizado para dicilo…

Faino por eles

Xullo 23rd, 2007 Xullo 23rd, 2007
Posted in Blogaliza
55 Comments »

Vía Tan Gallego como el Gallego, digo Gazpacho, como non. Sinxelamente enorme.

Solidariedade

Xullo 21st, 2007 Xullo 21st, 2007
Posted in Alén Piornedo
6 Comments »

sp-el-jueves.jpg

Porque os bufóns son cada vez máis necesarios, semella. Ánimo!

Secuestrados

Xullo 20th, 2007 Xullo 20th, 2007
Posted in Alén Piornedo
3 Comments »

“Entre a ira musulmana e a defensa europea da liberdade de expresión”

“Unha revista francesa publica as polémicas caricaturas de Mahoma e esgota a edición”

“A pugna pola liberdade de expresión”

Son estes algúns titulares que, entre finais de 2005 e principios de 2006, puidemos ler na prensa logo de que medio mundo musulmán puxese o berro no ceo a causa da publicación dunhas caricaturas do profeta Mahoma. Hoxe, a revista El Jueves foi secuestrada -si, leron ben vostedes- por orde xudicial a instancias da Fiscalía Xeral do Estado. Ademais, o director da publicación debe identificar ao autor da caricatura e a Policía debe requisar os moldes de impresión [isto último semella que vai ser algo difícil]. A causa: a portada que poden ver sobre estas liñas, unha parodia sobre os 2500€ que o Goberno do Estado concede por cada fillo nacido ou adoptado. Nesta banda deseñada, os Príncipes de Asturias aparecen caricaturizados e mantendo relacións sexuais mentres el lle di a ela: «¿Te das cuenta? si te quedas preñada… ¡Esto va a ser lo más parecido a trabajar que he hecho en mi vida». Disque estes feitos poden ser constitutivos de delito: inxurias ao sucesor da Coroa e menoscabo do prestixio desta. Vía El País, aquí tedes o auto xudicial completo.

Nota mental: Gardareina debaixo da cama ou enriba do armario? Entre o somier e o colchón? Cando veñan por ela, cómoa?

Verbenero!

Xullo 16th, 2007 Xullo 16th, 2007
Posted in Rachí
31 Comments »

Contáballes hai uns días que xa tiña canción candidata para o A polo ghit deste ano… Agora teño que recuar ou, como mínimo, complementar a miña proposta. E é que Os Forfiestas e o seu Verbenero (vencellos familiares do artista aparte) molan, por así dicilo, un feixe, por non entrarmos a reflexionar sobre o feito de que reflicte perfectamente o momento verbena! (especial atención merece o son ambiente “atensión… quiten el coche, que molesta”. É o bo que ten a democracia con apertura de miras, que se pode votar máis dunha vez. Escóitea, señora! .

Consellos na parede

Xullo 14th, 2007 Xullo 14th, 2007
Posted in Divagacións, Xornalistiña
2 Comments »

Cando era pequeno e volvía do colexio á casa, nos extramuros de Intramuros, moitas veces me chamou a atención unha frase pintada na esquina das rúas Lamas de Prado con Dona Urraca. No mesmo sitio onde hoxendía hai unha academia de perruquería e un enorme -e ben feito- mural pintado a esprai con secadores, botes de laca, tesoiras e espellos, antes había unha parede de ladrillo, máis ben basta. Xusto alí, alguén seguro que ben espelido escribiu, tamén a esprai: “Ningún camino fácil te llevará a un lugar que merezca la pena“. A boa da parede veume onte á cabeza cando tiven que decidir por onde falar nos vindeiros meses (ou anos, ou semanas). E non lle fixen puto caso, puido a seguridade. Tampouco hai que fiarse dos quinquis que escriben nas paredes… ou quizais si, porque para algo son sabios, non?

Springfield de Compostela?

Xullo 10th, 2007 Xullo 10th, 2007
Posted in Momentos freaks
56 Comments »

eu-simpsons.jpg

Leo en Chuza! que existe a posibilidade de crear o teu propio personaxe dos Simpson e… non me puiden resistir, alá fun. A cousa, logo dun certo tuning, quedou tal que así, aquí me teñen. (A bandeira, of course, é cousa de Nicetrip)

Toda unha aventura

Xullo 9th, 2007 Xullo 9th, 2007
Posted in Rachí
35 Comments »

Aínda non fixera ningún post Master Card, penso que é o momento:

-Macro-compra no Alcampo (incluíndo parasol e “kit-barbacoa”): 60€

-Colchoneta: 2’80€

-MEGÁFONO: 11 € (logo de relear)

-Durmir na rúa dous días consecutivos, buscarlle parecidos a Kepa Junkera, vengarse dos veciños a base do xa citado megáfono ou tentar a evacuación da acampada diante do cataclismo climático que se aveciñaba: non ten prezo, of course.

“Nós” non imos volver ás andadas

Xullo 3rd, 2007 Xullo 3rd, 2007
Posted in País
33 Comments »

“Creo que todos recordamos como antes nos obligaban a falar nunha soa lingua. E non queremos volver ás andadas. Creo que a historia lle dixo a toda Galicia e tamén a España que non é bo esixir o coñecemento e a utilización exclusiva dunha lingua e por iso nós non imos volver ás andadas”

Alberto Núñez Feijoo, Tan Gallego como el Gallego

Este rapaz, Alberto, debeu recibir unha chamada da Calle Génova, en cuxas salas de máquinas se debía de estar preparando xa, naquela altura, o Debate do Estado do Idem. O seu interlocutor, sexa quen sexa, limpou da boca a escuma que lle producira o visionado dun greatest hits de Pepe Blanco -por aquilo de encirrar aos cargos dirixentes antes da batalla final- para dicirse a Alberto (el Piqué gallego, procedente dunha “escombrera intelectual“, Fedeguico dixit [escoitar a partir do minuto 7:40–> ] e dicirlle que iso de pactar co goberno rojoseparatista un decreto que relega a lingua mater de todos os españois a simple comparsa e eleva o vernáculo da región gallega a categoría de idioma normal -ou case- tararíquetevi. O demais, xa o verían, lerían ou escoitarían por aí contado, cadaquén ao seu xeito:

Resulta que “los populares” acaban de decidir que a súa política lingüística de bilingüismo harmónico foi todo un éxito (se cadra para eles foino) e que os nenos galegos -pobriños- especialmente os de boa familia -animaliños de Dios- van esquecer “hablar bien” por culpa desta pandilla de radicales, que pretenden que falen e estuden cousas serias nun dialecto que non serve para nada. “Nós falarémolo cando nos pete” di Alberto. Non especificou se para contar chistes, logo de chuzados ou ambos. Sr. Feijoo, entre outras cousas, precisa vostede dun asesor.