Unha pregunta inadecuada

Setembro 19, 2007 ás 7:38 pm | En Alén Piornedo |

A democracia máis antiga do mundo. Un estudante vai e pregúntalle ao ex-candidato presidencial polo Partido Demócrata, John Kerry, se el, coma George Bush, pertenceu á sociedade secreta "Skull and Bones" da Universidade de Yale. Kerry disque tentou respostar pero -seguramente para aforrarlle o mal trago- a policía botouse sobre o estudante e, previa malleira e uso de porras electrificadas, detivérono. Está acusado de resistencia á autoridade.

Chuzame! chuzame -

1 Comentario »

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI

  1. O máis fascinante é que lles dá exactamente igual o que se pense no resto do planeta, nen sequera se molestan en ocultalo. Claro, que lle imos ensinar nós, o terceiro mundo, á democracia máis vella do planeta.

    Comentario por Mario — 24 Setembro 2007 #

Deixa un comentario

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios. Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^