Paladas de pulpo, oiga

setembro 21, 2007 ás 7:42 pm | En País |

vicesanfroilan.jpg

Onte deuse a coñecer o programísima do San Froilán 2007, feito sen parangón que merece un post propio que lles prometo dende agora mesmo pero que precisa maior elaboración. Pero... leo hoxe en El Progreso que está consumado... o día de San Froilán, festa grande dos lugueses e luguesas, as tropas vicepresidenciales desembarcarán nas beiras do Miño para celebrar... tachán tachán... Lecer para os nosos maioreees. Na foto, os delegados de Vicepresidencia e Medio Rural na provincia de Lugo presentando os actos. As críticas son as mesmas cás formuladas datas atrás.

Chuzame! chuzame -

3 Comentarios »

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

  1. Eu tamén me reitero…
    Entre o pregón dunha nacionalcatolicista española e estas concentracións dignas de Falange, o San Froilán está a coller ese gosto rancio de antano que a algúns igual non lles é tan extraño de cando estudaban no Seminario de Lugo…
    Se a Vicepresidencia da Anxo Quin xa tiña unha concepción ben populista e utilitaria dos “nosos maiores”, agora xa sen complexos, a Consellaría de Medio Rural tamén metida no allo coa desculpa da Feira da Gandaría. Xa decidiron tratalos directamente coma gando, unha vergonza, unha vergonza!
    O peor de todo é que logo inda son marxistas-leninistas e revolucionarios, e dan leccións de nacionalismo “por doquier”… e eu pregúntome: para isto botamos ao PP do poder? españolistas xa eran, e caciques e populistas tamén, iso non era o que precisaba o País
    Por certo grandísima a intervención do Portavoz Municipal do Bloque: critica o San Froilán porque non hai unha grande actuación estilo Paulina Rubio ou Shakira, non sabía eu que o nacionalismo tivera ese modelo de política cultural para o País…tomarei nota, por se acaso.
    E para quitarlle ferro ao asunto, que se non igual me pasa o tetanos ou así, isto merece lembrar o insigne discurso dun compañeiro dirixido aos “nosos maiores”, mítico e sen comparanza nas diatribas etílico-políticas da noite luguesa “enxebre” -que diría Martita R.dela C.-…a culleradas!!!!!!!!!!!!!!!!!!!…non sei se chegará para todos, con tanto comensal!!!!!!!!!!

    Comentario por mao-mao — 22 setembro 2007 #

  2. Non teño máis que engadir :D… Aínda así, chegará o post sobre o programa do San Froilán

    Comentario por O'Xirarei — 22 setembro 2007 #

  3. Totalmente offtopic, e com motivo do que comentas no blogue da Xornalistiña, parabéns lugueses polo teu feliz estátus creditício :-D

    Comentario por Uz — 26 setembro 2007 #

Deixa un comentario

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios. Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^