Póngame ahí esa bandera, cavernícola
Setembro 27, 2007 ás 10:21 am | En País |
"Os nacionalistas son retrógados, reaccionarios e cavernícolas"
Enrique López Veiga, reservista da Armada Española
Esta e outras perlas -coma tildar de "indignos" aos representantes do BNG no Goberno, aos que acusa de "gamberrismo político", deixounas para a posteridade Enrique López Veiga -ao que vostedes lembrarán doutros filmes coma "O Mar Exeo foi peor ca o Prestige"- durante unha intervención parlamentaria na que esixía a aprobación dunha Proposición non de Lei mediante a cal o Parlamento debería, a iniciativa do PP, instar ao Goberno da Xunta a respectar a Lei de Símbolos e facer ondear a bandeira española en todos os edificios oficiais e actos do Executivo galego.
chuzame -
2 Comentarios »
Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI
Deixa un comentario
Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios.
Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^















Ha,ha, Boa foto. ¿Este era o sector máis moderado e liberal do PP en Galicia, non é?
Comentario por zerovacas — 28 Setembro 2007 #
Viva el galleguismo constitucional! O cerne do asunto é que pretenden que a bandeira e a cultura imperialista sigan a ser os referentes institucionais: dunha banda opóñense á galeguización do ensino propondo tantas horas de inglés coma de galego, logo critican o do himno nas galescolas, e agora xa para que se lles vexa o plumeiro do fascistas que son, “póngame la banderita, que no me entere yo que no me pone la banderita” -igual cós gardas civís co “L” dos pirncipiantes, pero xa non somos principiantes, así que non temos que poñer nada. Só lle falta ao mangueritas sacar o vestido de sevillana “rojo y gualda” e botar un pé alí no parlamento para reivindicar a súa españolidade. Mellor non dou ideas, que despois do chunguito ese que cantaba o himno en flamenco, igual se lle ocorre algo semellante a Lola de Vigo
Comentario por mao-mao — 1 Outubro 2007 #