Setembro, 2007

Salto mortal (sen rede)

Setembro 30th, 2007 Setembro 30th, 2007
Posted in Divagacións, Xornalistiña
26 Comments »

O pasado venres celebrouse, co seu tradicional (e rancio) ritual, o acto oficial de apertura do curso universitario, coa lección inaugural, promesas de maior inversión por parte do Presidente da Xunta, etc. Mañá, 1 de outubro, comezan as clases. E, por primeira vez nos últimos dezaoito anos da miña vida, decatareime de que non teño que empezar o curso. E, tamén por primeira vez nos últimos catro anos, terei que caer na conta de que todo o que leva o apelativo “de estudantes” (piso, cea, festa, desconto e, en definitiva, cousas) xa non me toca.

Así, mañá cando vaia facer os papeleos que me permitan, por unha banda, acreditar que xa podo recibir o papeliño definitivo e pasar a formar parte dunha cadea de produción e, por outra, seguir ligado á Institución -aínda non sei moi ben por que, isto último- terei que facer de tripas corazón ao pasar polos dous centros neurálxicos da miña historia recente. Decatareime de que xa non. Decatareime de que, aínda que no día a día os cambios xa comezasen hai tempo, agora é o momento do salto mortal, do mundo real. Sexa o que sexa, rematou e fíxoo para sempre. Que nos quiten o bailado e, como dixo o outro… peor sería non cumprir os anos, non?

Póngame ahí esa bandera, cavernícola

Setembro 27th, 2007 Setembro 27th, 2007
Posted in País
2 Comments »

“Os nacionalistas son retrógados, reaccionarios e cavernícolas”

Enrique López Veiga, reservista da Armada Española

Esta e outras perlas -coma tildar de “indignos” aos representantes do BNG no Goberno, aos que acusa de “gamberrismo político“, deixounas para a posteridade Enrique López Veiga -ao que vostedes lembrarán doutros filmes coma “O Mar Exeo foi peor ca o Prestige“- durante unha intervención parlamentaria na que esixía a aprobación dunha Proposición non de Lei mediante a cal o Parlamento debería, a iniciativa do PP, instar ao Goberno da Xunta a respectar a Lei de Símbolos e facer ondear a bandeira española en todos os edificios oficiais e actos do Executivo galego.

Paladas de pulpo, oiga

Setembro 21st, 2007 Setembro 21st, 2007
Posted in País
3 Comments »

vicesanfroilan.jpg

Onte deuse a coñecer o programísima do San Froilán 2007, feito sen parangón que merece un post propio que lles prometo dende agora mesmo pero que precisa maior elaboración. Pero… leo hoxe en El Progreso que está consumado… o día de San Froilán, festa grande dos lugueses e luguesas, as tropas vicepresidenciales desembarcarán nas beiras do Miño para celebrar… tachán tachán… Lecer para os nosos maioreees. Na foto, os delegados de Vicepresidencia e Medio Rural na provincia de Lugo presentando os actos. As críticas son as mesmas cás formuladas datas atrás.

Unha pregunta inadecuada

Setembro 19th, 2007 Setembro 19th, 2007
Posted in Alén Piornedo
2 Comments »

[gv data=”6bVa6jn4rpE” width=”425″ height=”350″][/gv]

A democracia máis antiga do mundo. Un estudante vai e pregúntalle ao ex-candidato presidencial polo Partido Demócrata, John Kerry, se el, coma George Bush, pertenceu á sociedade secreta “Skull and Bones” da Universidade de Yale. Kerry disque tentou respostar pero -seguramente para aforrarlle o mal trago- a policía botouse sobre o estudante e, previa malleira e uso de porras electrificadas, detivérono. Está acusado de resistencia á autoridade.

76 licenzas, 50 traballadores

Setembro 17th, 2007 Setembro 17th, 2007
Posted in Alén Piornedo, Divagacións, Xornalistiña
1 Comment »

Leo en PR Noticias un resumo da actividade de Kiss FM e o seu propietario, Blas Herrero. Como ben din os manuais da factoría, o titular debe enganchar (e seguro que doce ou setenta características ordeadas en puntos que non lembro) e este consígueo, ademais de afectar e provocar a reflexión, agárrese: 76 licenzas (unha delas en Vigo) e 50 traballadores. En síntese, falamos dunha radio que pasa de largo sobre requisitos básicos na concesión de licenzas, como a creación dun determinado número de postos de traballo, posuír estudos ou fomentar os valores locais… algo bastante difícil se temos en conta que a empresa en cuestión emite integramente dende Madrid, cidade na que se atopa a súa enorme plantilla de traballadores. Malia este tipo de irregularidades, a Kiss FM segue emitindo la mejor música (sic) e o seu propietario continúa obtendo licenzas.

Pero, saben o peor de todo? Que poría a man no lume ao afirmar que boa parte dos empresarios do negocio, tamén en la tierriña, miran a Kiss FM con envexa e coa vontade de seguir os seus pasos… que é o que importa? que pola radio, tv ou xornal saia algo, xa sexan noticias, cancións, videos ou fotos… que apañe subvencións, poida coller ben publicidade… en suma, que dea cartos. E se un xornalista operario pode escribir, locutar, cantar e bailar, para que contratar cinco ou seis?

Apuntes del Natural

Setembro 15th, 2007 Setembro 15th, 2007
Posted in Alén Piornedo
29 Comments »

Retomo, vía Chuza!, a lectura das opinións do xornalista Javier Ortiz, lúcido artiguista (dise así?) sobrevivente nas páxinas de El Mundo e . O meu primeiro contacto con Ortiz, salvo lecturas moi esporádicas, foi nunha aula universitaria. Alí deunos a súa visión da actualidade, do mundo… e de especímenes como Federico (con quen se leva mal malia a un intento de reconciliación, con mesa e mantel polo medio e con Pedro J. Ramírez como mestre de cerimonias). Xa me disperso, o conto: retomo a lectura das súas opinións no seu blog, Apuntes del Natural… para engancharse un pouco recoméndolle por exemplo, señora, as dúas últimas entradas: “La fiscalía antimonárquica” e, sobre todo, “Nacionalismos“, unha atinada radiografía do nacionalismo español e a súa reacción contra os nacionalismos galego, catalán e vasco.

Viva San Froilán. Y olé.

Setembro 11th, 2007 Setembro 11th, 2007
Posted in País
3 Comments »

rivera-de-la-cruz-pequeno.jpg

Hai un tempo o PP propuxo á escritora Marta Rivera de la Cruz, luguesa, finalista do Premio Planeta e tamén coñecida polo seu apego á lingua galega, como pregoeira do San Froilán. Leo en El Progreso que onte, por unanimidade dos grupos municipais, a devandita escritora foi designada para tal fin. No Concello de Lugo están representados o PSOE, o PP e creo que o BNG, pero non [sei se xa] podería aseguralo.

Nota: prema vostede na imaxe para ler a entrevista completa.

¿Qué haces grabando, qué haces grabando?

Setembro 10th, 2007 Setembro 10th, 2007
Posted in País
1 Comment »

[kml_flashembed movie="http://blip.tv/scripts/flash/showplayer.swf?autostart=true&enablejs=true&feedurl=http%3A%2F%2Fgzcontrainfosgz%2Eblip%2Etv%2Frss&file=http%3A%2F%2Fblip%2Etv%2Frss%2Fflash%2F376434&showplayerpath=http%3A%2F%2Fblip%2Etv%2Fscripts%2Fflash%2Fshowplayer%2Eswf" width="440" height="306"/]

Descubro, vía Chuza!, o video da I Reconquista da Illa de Toralla, unha acción mediante a que o colectivo vigués Xogo Descuberto reivindicou o uso público desta illa, situada na ría de Vigo e na que se poden observar, entre outras lindezas, unha torre de apartamentos e múltiples chalecitos, cun alto grao de feísmo e un nulo respecto ao medio ambiente. Unha vez rematado o acto, de carácter claramente pacífico e mesmo festivo -boa parte dos manifestantes ían caracterizados coma piratas e con armas tan devastadoras como flotadores e bonecos inchables- os participantes (nenos incluídos) paseaban pola parte pública da illa cando tres furgóns antidisturbios chegaron por alí a facer desas cousas que fan eles. Vexan, vexan e ollo ao poli do final (los porrazos son para ti, no pa que los vea nadie más, hombre).

Por quen ondean as bandeiras?

Setembro 9th, 2007 Setembro 9th, 2007
Posted in Alén Piornedo, Medios, País
2 Comments »

mosquera-sastre.jpg

Voulles contar unha anécdota que pode non ser ningunha ofensa de primeira magnitude contra a dignidade nacional nin moito menos -creo- pero si que é un feito significativo e unha mostra de faltadeignorancia. Novena etapa da Vuelta Ciclista a España (a carreira que saíu de Vigo a instancias de quen vostede xa sabe), dous corredores suben un cumio dos Pirineos nunha etapa con meta na estación de esquí de Cerler, en Aragón. Estes dous corredores, aos que vostede pode ver na imaxe, son Carlos Sastre, do equipo CSC, nado en Madrid e formado en Ávila, e Ezequiel Mosquera, do Karpin Galicia, nado en Cacheiras (Teo). Nun intre próximo ao final da tirada, tres ou catro afeccionados hondean bandeiras galegas en plena montaña(algunha delas engarzada no mesmo mastro cunha española, en fin) e dan ánimo aos ciclistas. O narrador da carreira, Carlos de Andrés, sentencia: “Ahí vemos a los aficionados, animando a Carlos Sastre“.

Foise co vento

Setembro 6th, 2007 Setembro 6th, 2007
Posted in País
6 Comments »

goodbye-tono.jpg

Xa me botaredes de menos. É unha orde (como as anteriores).

Nota: si, o do peto é unha raspeta, gracieta persoal.

Nota 2: si, o deseño vén sendo cuasi o mesmo có de Paco, pero… téñanme en conta a intención.