Oito cousas
Outubro 30, 2007 ás 8:20 pm | En Blogaliza, Momentos freaks |Recibo unha encarga da emigración e non me queda outra que respostar, dado que a emigrada en cuestión non forma parte -que eu saiba- do CERA e, polo tanto, non é "deses". A cousa vén sendo aportar á sabedoría universal (ou do Blogomillo), oito apuntamentos sobre "algo", cousa que non deixa de ser inquietante. Velaí vai: oito cousas sobre Lugo (coido que a distancia de cen quilómetros e case catro anos xa me permite describila):
-
Apuntamento histórico: é unha cidade fundada hai máis de dous mil anos polos romanos (di o alcalde que por Paulo Fabio Máximo, un señor que agora ten un monumento na Praza Maior) sobre o bosque sagrado do deus Lugh.
-
É unha aldea grande e unha cidade pequena. Así, é doado atopar hortas con vistas á Muralla ou grandes bloques de cemento no medio do monte, que tamén o hai.
-
Se pides un xornal (periódico), danche El Progreso, que é onde saen as esquelas, o suplemento "Gente" e as "Fotos del pulpo".
-
Aínda hai (bastante) xente que fala galego, pero que di Vivero ou Villadonga. No caso de ter unha empresa, especialmente unha oficina, os íes substitúense pola letra "y" para referenciar nomes de parroquias ou barrios. A saber: Aday, Orbazay, Magoy, Fingoy.
-
Conserva o Círculo de las Artes, cos seus bailes de Entroido, San Froilán ou Reis, ous seus socios, o seu elitismo e os seus "rellenos" de Fin de Ano. Tamén alberga diferentes entregas de premios do "periódico" (ver 3).
-
Ten un alcalde do PSOE que foi seminarista e profesor de filosofía. O seu cerebro almacena os nomes de pía de boa parte da cidadanía. Tamén no político, foi sede da Asemblea de Lugo, onde en 1918 botou a andar boa parte do que hoxe coñecemos como nacionalismo.
-
Na catedral hai un dedo de San Froilán, santo que podería ser leonés pero ao que se lle renden honras nunhas festas que conforman boa parte do ser de Lugo. Pasear arriba e abaixo polas "barracas" (que non atraccións) ou comer polbo nun garaxe convertido en "pulpería" (nas casetas es-un-robo) forma parte dos ritos tribais que aínda se conservan entre o 4 e o 12 de outubro.
-
É como unha maqueta dunha cidade. Se non temos en conta a zona de "dentro-de-murallas", as rúas son como as dunha cidade normal, pero máis pequenas. Tamén ten un río e unha ponte romana pola que pasan coches.
E a encarga vaille a... Madeleine e Encompostela... non me dá a cabeciña para máis.
chuzame -
8 Comentarios »
Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI
Deixa un comentario
Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios.
Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^

















lugo grande!!!! ten un encanto moi especial, que-lo-saibas
e o LK é bastante barato
biquiños e gracias por cmplir a encarga. ata o venres!!!!!!
(e que saibas que vou esixir que o meu can e mailo meu osiño de peluche voten en Gz!)
Comentario por oko — 30 Outubro 2007 #
Do somas show up in aurine test….
Somas. Prescription somas at pricing of 9.99. Somas do they have codine in them….
Rastro (Trackback) por Do somas show up in aurine test. — 3 Maio 2008 #
Ultram….
Ultram. Can you use low dose naltrexone and ultram. Ultram home gym phentermine online. Buy ultram cheapest site. Pill ultram….
Rastro (Trackback) por Ultram overdose. — 5 Maio 2008 #
Somas do they have codine in them….
School of mathematics and statistics somas. Somas. Somas with carisoprodol doese t containt codine. Prescription somas at pricing of 19.99. Somas with carisoprodol doese t contain codeine. Do somas show up in aurine test….
Rastro (Trackback) por Prescription somas at pricing of 9.99. — 6 Maio 2008 #
Can you buy xanax without a prescription….
Buy xanax online. Buy xanax without prescription. Buy xanax without prescription in usa. Buy xanax without a prescription. Buy cheap generic xanax. Buy xanax precrition needed….
Rastro (Trackback) por Buy xanax online. — 7 Maio 2008 #
Tramadol….
Buy tramadol. Tramadol. What is tramadol….
Rastro (Trackback) por Tramadol. — 7 Maio 2008 #
Prescription somas at pricing of 9.99….
Somas engineering consultants. Prescription somas at pricing of 19.99….
Rastro (Trackback) por Prescription somas at pricing of 19.99. — 9 Maio 2008 #
Chat on ephedra….
Colorado ephedra attorney….
Rastro (Trackback) por Philadelphia ephedra lawyers. — 13 Maio 2008 #