Outubro, 2007

Oito cousas

Outubro 30th, 2007 Outubro 30th, 2007
Posted in Blogaliza, Momentos freaks
8 Comments »

lugo.jpg

Recibo unha encarga da emigración e non me queda outra que respostar, dado que a emigrada en cuestión non forma parte -que eu saiba- do CERA e, polo tanto, non é “deses“. A cousa vén sendo aportar á sabedoría universal (ou do Blogomillo), oito apuntamentos sobre “algo”, cousa que non deixa de ser inquietante. Velaí vai: oito cousas sobre Lugo (coido que a distancia de cen quilómetros e case catro anos xa me permite describila):

  1. Apuntamento histórico: é unha cidade fundada hai máis de dous mil anos polos romanos (di o alcalde que por Paulo Fabio Máximo, un señor que agora ten un monumento na Praza Maior) sobre o bosque sagrado do deus Lugh.

  2. É unha aldea grande e unha cidade pequena. Así, é doado atopar hortas con vistas á Muralla ou grandes bloques de cemento no medio do monte, que tamén o hai.

  3. Se pides un xornal (periódico), danche El Progreso, que é onde saen as esquelas, o suplemento “Gente” e as “Fotos del pulpo“.

  4. Aínda hai (bastante) xente que fala galego, pero que di Vivero ou Villadonga. No caso de ter unha empresa, especialmente unha oficina, os íes substitúense pola letra “y” para referenciar nomes de parroquias ou barrios. A saber: Aday, Orbazay, Magoy, Fingoy.

  5. Conserva o Círculo de las Artes, cos seus bailes de Entroido, San Froilán ou Reis, ous seus socios, o seu elitismo e os seus “rellenos” de Fin de Ano. Tamén alberga diferentes entregas de premios do “periódico” (ver 3).

  6. Ten un alcalde do PSOE que foi seminarista e profesor de filosofía. O seu cerebro almacena os nomes de pía de boa parte da cidadanía. Tamén no político, foi sede da Asemblea de Lugo, onde en 1918 botou a andar boa parte do que hoxe coñecemos como nacionalismo.

  7. Na catedral hai un dedo de San Froilán, santo que podería ser leonés pero ao que se lle renden honras nunhas festas que conforman boa parte do ser de Lugo. Pasear arriba e abaixo polas “barracas” (que non atraccións) ou comer polbo nun garaxe convertido en “pulpería” (nas casetas es-un-robo) forma parte dos ritos tribais que aínda se conservan entre o 4 e o 12 de outubro.

  8. É como unha maqueta dunha cidade. Se non temos en conta a zona de “dentro-de-murallas”, as rúas son como as dunha cidade normal, pero máis pequenas. Tamén ten un río e unha ponte romana pola que pasan coches.

E a encarga vaille a… Madeleine e Encompostela… non me dá a cabeciña para máis.

O currículum do cuñado

Outubro 25th, 2007 Outubro 25th, 2007
Posted in Medios, País
2 Comments »

Hai días que botou a andar a comisión de investigación da Cidade da Cultura e xa comezaron a pasar por alí algúns dos pintorescos personaxes que Don Manuel e Don Jesús elixiron para xestionar tan magno proxecto. Entre eles, como xa saberá o avispado lector, están familiares diversos de destacados membros do Partido Popular, naquela altura conselleiros ou mesmo vicepresidentes de Gobernos centrais. A saber:

  • Alfredo Díaz Grande: director do concurso de ideas e marido de Pilar Rojo, entón Conselleira de Familia, Muller, Voluntariado… e vaia vostede a saber que máis (a que estaba no sitio de Manolita, vaia).

  • Ángel Currás: xerente da Fundación Cidade da Cultura e irmán de Celso Currás, naqueles días Conselleiro de Educación. Actualmente, concelleiro do PP en Santiago.

  • Manuel Fernández Balboa: director económico-financeiro da Fundación e cuñado de Mariano Rajoy (o señor de barba do que xa lles teño falado máis veces).

Como vostede xa saberá, os dous últimos pasaron onte pola devandita comisión, feito que provocou que a atención dos medios se centrase no currículum vitae do cuñadísimo, señor Fernández Balboa. E é que o que fora director económico-financeiro da Fundación Cidade da Cultura -cuxa xestión algo terá que ver con que o orzamento das obras se triplicase- chegou ao posto logo dunha traxectoria profesional que mete medo: unha FEUGA en Caixa Pontevedra de menos dun ano e a xestión de contratos de Urbaser en Pontevedra (tamén sabe falar gallego e andar no Windows 95). Isto lévame a unha conclusión: que pinto eu facendo o que fago se podería estar rexendo os destinos do País? Porque eu tamén tiven unha FEUGA, xa traballei en máis dunha empresa e, ollo, manéxome sen problemas por Windows 95, Windows 98 e Windows XP. E sei andar no Photoshop tamén…

(Captura do currículum vía Escolar.net, preman nas miniaturas para ampliar e gozar del)

Actualización: aquela Consellaría de Cultura si que era dilixente. Resulta que o contrato do cuñadísimo se empezou a tramitar mesmo antes de que el se interesase polo posto e enviase o currículum. Podedes consultar o documento que acredita a tramitación do contrato na web da SER.

Indulto para os tres do Eixo

Outubro 21st, 2007 Outubro 21st, 2007
Posted in País
1 Comment »

Tres veciños da parroquia compostelá do Eixo poden ir ao cárcere o vindeiro día 31 se o Goberno do Estado non lles concede un indulto. A causa: as lesións sufridas por un Policía cando estes tres membros do movemento veciñal reclamaban melloras na seguridade vial do seu barrio, por onde discurren obras tan importantes -e perigosas- como as do AVE. Simplemente, e dende o meu punto de vista, non o merecen, nin eles, nin as súas familias, nin o movemento veciñal. Hoxe Compostela pediuno na rúa. Que teñan a mellor das sortes.

Denunciado

Outubro 20th, 2007 Outubro 20th, 2007
Posted in Alén Piornedo, Medios
51 Comments »

Íñigo Landa Larrazábal, cidadán vasco neto de represaliada, vén de denunciar a Jaime Mayor Oreja, eurodeputado do Partido Popular, por “enaltecemento do franquismo“. Esta demanda chega logo de que Mayor, no transcurso dunha entrevista en La Voz de Galicia, deixase para a posteridade perlas como “¿Cómo voy a condenar [o franquismo] que, sin duda, representaba a un sector muy amplio de españoles?” e na que tamén aseguraba que, aínda que “Algunos dicen que las persecuciones en los pueblos vascos fueron terribles (…), no debieron serlo tanto cuando todos los guardias civiles gallegos pedían ir al País Vasco. Era una situación de extraordinaria placidez“.

Estas declaracións e a posterior denuncia, dan lugar, ademais de a un retrato das afinidades do personaxe, a unha reflexión posterior: que pasaría se as afirmacións de Mayor Oreja fosen feitas, poñamos por caso, por un líder da esquerda abertzale ou mesmo por un dirixente do PNV sobre a implantación social de ETA durante a ditadura? Se cadra, aplicábanlle a Lei.

Marusía e superávit entre Bares e Fisterra

Outubro 18th, 2007 Outubro 18th, 2007
Posted in Momentos freaks, País
1 Comment »

o-presidente-do-tempo.jpg

Falaba de números pero , diante do seu plasma e todo pedagóxico, semella o propio Pemán, non vos parece?

Aquí e na China

Outubro 17th, 2007 Outubro 17th, 2007
Posted in Alén Piornedo, Medios
3 Comments »

[gv data=”F7Vz6GZJJOg&rel=1″ width=”425″ height=”350″][/gv]

Josep Lluís Carod-Rovira en Tengo una pregunta para usted. Paréceme unha boa homenaxe a todos os damnificados por, por exemplo: Seijo, Seijas, Otero, Buján, Teijeiro, Noya… mesmo Rajoy, se me apura.

Nota mental: que grande Carod. E que atrevida a ignorancia.

Nota mental 2: Houbo quen se extendeu máis na interpretación da xogada. Secúndoo completamente.

Triste

Outubro 16th, 2007 Outubro 16th, 2007
Posted in Blogaliza, País
8 Comments »


Paréceme moi, moi triste e decepcionante. Sempre me gustou pensar que “as xentes da cultura“, do meu gusto ou non, sabían estar por riba de certas cousas. Hai quen non soubo pasar a a alfándega do sentido do humor, por unha banda, e de non poñerse á altura dos insultos, por outra. Simplemente.

Nota mental: aínda lles levou tempiño atopalo non?

Actualización: podedes ler a carta do avogado aquí.

Tú eres roja, tú eres gualda

Outubro 13th, 2007 Outubro 13th, 2007
Posted in Alén Piornedo, País
12 Comments »

Recollo aquí unha das instantáneas que onte se puideron captar na Praza do Obradoiro e que hoxe podemos ver en Galicia Hoxe. O caso é que, en torno á unha da tarde, cando o sol máis apretaba, un matrimonio composto por unha camiseta da selección española, gafas de marca, carriño de bebé coa bufanda da citada selección e unha banderita tú eres roja-banderita tú eres gualda de grandes dimensións, agardaba no centro da praza. Pasaban os minutos e uns turistas cordobeses por aquí, uns militantes de Nuevas Generaciones por alá e un Gerardo Conde Roa e varios concelleiros por acolá, formaron un grupo dunhas 30 persoas con touros de Osborne, gomina, gafas de sol e máis banderitas tú eres roja-tú eres gualda, unha delas de aproximadamente 3 metros e á que foi necesario retirarlle un crespón negro (que seguramente foi empregado noutro destes divertidos saraos). Lectura de manifesto, Vaspaña! e a outra cousa.

Pero cando os nosos protagonistas marchaban a tomar o vermú de forma natural, como a xente normal, sin aspavientos e con franqueza (sobretodo co segundo), en torno a dez mozos berraron dende as escalinatas da Catedral, en favor da autodeterminación de Galiza e mostraron unha estreleira e a bandeira deseñada por Castelao para a República Galega. E aí, as familias normais, sacaron de radiocasé e, ala, himno-que-te-crió e consignas á antiga usanza: “España una, y no cincuenta y una“, “Viva España, coño!”. Algúns, mentres rosmaban “si somos todos españoles…”. Minutos e pimpampún de consignas máis tarde, o grupo disolvíase.

Isto lémbrame que o señor que se disfraza do Rei e que manda nos convocantes disto que lles conto di que se van ocupar dos problemas reais da xente de aquí ás eleccións de marzo. E asegúrao nun acto que tivo coma mensaxe central a defensa de España e a bandeira española “se ofenda quien se ofenda”.

Aquí tampouco se pon o sol

Outubro 12th, 2007 Outubro 12th, 2007
Posted in Medios, Xornalistiña
5 Comments »

vineta-publico.jpg

Visto en Público. Extrapolado [tamén] a Galiza, un retrato perfecto de máis dun xefe, non?

Chamamento no Día da Ralea

Outubro 10th, 2007 Outubro 10th, 2007
Posted in Alén Piornedo
Comentarios desactivados en Chamamento no Día da Ralea

Este señor, ao que vostedes coñecerán de grandes éxitos como El Prestige y la guerra de Irak son asuntos llamativos, vén de lanzar unha mensaxe disfrazado de Presidente do Goberno español [actualización: o disfrace é de Rei en Noiteboa] no que chama a celebrar o 12 de outubro (octubro ou ouctubro, segundo NN.GG.), disque Día de la Fiesta Nacional ou mesmo Día de la Raza, pensará el nos seus adentros. O caso é que, rodeado da rojigualda e de fotos de familia e amigos, Mariano gozou por un momento pensando en que manda e, logo de asegurar que se sinte “orgulloso de ser español“, instou a todo aquel que o escoita a deixar claro que é necesario que “todo el mundo sepa lo que los españoles sentimos por España e que sabemos proclamarlo sin aspavientos, pero con orgullo y con la cabeza bien alta”. Pois que lle preste.

Nota mental 1: Miren que cariña lle quedou como quen… “te prometo que me creo lo que te digo”.

Nota mental 2: Esta xente dá(me) medo, e non (só) por feos.

Nota mental 3: Esta mensaxe formará parte dalgún tipo de terapia de autoafirmación?