Comentarios en: A miña precariedade é a túa desinformación http://malodeaturar.blogaliza.org/2007/11/05/a-mina-precariedade-e-a-tua-desinformacion/ Casa fundada en 2006 Thu, 26 Jun 2014 17:07:49 +0000 hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7.1 Por: oko http://malodeaturar.blogaliza.org/2007/11/05/a-mina-precariedade-e-a-tua-desinformacion/comment-page-1/#comment-20676 Tue, 06 Nov 2007 20:27:36 +0000 http://malodeaturar.blogaliza.org/2007/11/05/a-mina-precariedade-e-a-tua-desinformacion/#comment-20676 suscribo totalmente as vosas palabras. parece que estamos nun punto da espiral no que xa é imposible voltar atrás, e parece que todo vai a peor. pero só se nós o queremos. parece mentira que nun mundillo no que os seus membros se coñecen tan ben entre si, non sexa posible organizar algo que funcione para loitar contra a precariedade…
🙁

]]>
Por: O'Xirarei http://malodeaturar.blogaliza.org/2007/11/05/a-mina-precariedade-e-a-tua-desinformacion/comment-page-1/#comment-20588 Tue, 06 Nov 2007 15:41:34 +0000 http://malodeaturar.blogaliza.org/2007/11/05/a-mina-precariedade-e-a-tua-desinformacion/#comment-20588 Completamente dacordo, pasamos o día informando sobre reinvindicacións laborais dos forestais, os que recollen o lixo, os transportistas ou os funcionarios. Eu, máis dunha vez, teño pensado: “se este que está protestando cobra tres veces o que cobro eu…”. Falta concienciación colectiva porque neste negocio, máis que noutros, se un da redacción non pon as pilas, xa é suficiente para que absolutamente nada se mova. Mileurismo… un mal chiste.

]]>
Por: elianinha http://malodeaturar.blogaliza.org/2007/11/05/a-mina-precariedade-e-a-tua-desinformacion/comment-page-1/#comment-20538 Tue, 06 Nov 2007 11:17:26 +0000 http://malodeaturar.blogaliza.org/2007/11/05/a-mina-precariedade-e-a-tua-desinformacion/#comment-20538 Eu négome a seguir sendo cómplice desa precariedade. Mentras nunha redacción siga sendo máis da metade do plantel bolseiro, en calquera das diferentes modalidades, fuxirei en canto me sexa posible. Se son bolseira, perfecto, pero non me obrigues a traballar tanto ou máis ca un redactor con contrato (precario tamén), a cambio dunha bolsa.

A min non me compensa, polo menos. Pero alégrome de ver que se comeza a falar un pouco do tema. Cando lin o da Voz onte á mañá, aínda me escarallei un bo rato coas cifras que manexan. Quen é mileurista no xornalismo é un afortunado!

Pero desta situación, son tres os responsables: a) o goberno, por non fixar unhas condicións mínimas para garantir un dereito fundamental, b) as empresas, por deixarse levar polas sinerxias da precariedade laboral e esquecer que non é o mesmo ter un xornal ca un supermercado, e c) os e as xornalistas, que fomos cómplices desta situación, dedicándonos a denunciar a precariedade en centos de empresas, cando se meteramos o dedo na nosa sairiamos ben manchados.

]]>