Reformas no (propietario do) local

decembro 19, 2007 ás 4:30 pm | En Cousas da casa |

por-reformas.jpg

Como observarían, levo uns días sen pasar demasiado por aquí, e é que ando cos miolos ocupados noutros asuntos. O caso é que a semana que vén -o mesmo día do partido da Selección, para máis datos-, quen lles fala ten que pasar polo taller para que lle fagan un amaño, así que non estarei moi operativo. Nuns días prometo estar de volta para contarlles a experiencia e retomar, máis cedo que tarde, a actividade, tuneado e máis lixeiro de equipaxe innecesario e perxudicial. Saúde! (que é o máis importante).

Chuzame! chuzame -

9 Comentarios »

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

  1. Máis que un amaño é unha ITV, oh, así que non te preocupes!.

    E polo da selección, como diría un amigo noso, “iso nada….aahaajjahhha” (expresión cando un, preto dos 90 anos, intenta subir unhas escaleiras e, ó mesmo tempo, falar coma se nada).

    Quedan ainda moitos partidos que “mirar” e que ganar. Como ben dis, o importante é a saúde.

    Pois iso, saúde!!.

    Comentario por Frioleiro — 20 decembro 2007 #

  2. Mándolle un feixe de bicos e unha aperta. Recupérese pronto, que o estaremos esperando.
    E, iso, saúde!

    Comentario por emereci — 20 decembro 2007 #

  3. intentarase unha visitiña a Santiago para dar ánimos (e non levar lk cafe non)

    :)
    veña, moito ánimo e saúde logo, que si, é o máis importante!bicooooos

    Comentario por Caufield — 20 decembro 2007 #

  4. [...] O Servizo Galego de Saúde, alias Sergas, é unha caixa de sorpresas. Lembrará o avispado lector que unhas liñas máis abaixo comentaba que esta semana, concretamente hoxe, ía ter que pasar polo taller para que mañá me fixesen uns amaños. Pois ben. Esta mañá, contra as 10, recibo unha chamada do taller en cuestión, e un señor moi correcto explicoume que “ese quirófano [esa operación, para os non iniciados)] se ha aplazado hasta la semana del 7 de enero“. Faltoulle dicir “si tal lo operamos, si tal no”. Puideron agardar a terme anestesiado para dicirmo. En fin, non hai mal que por ben non veña, seguireilles contando. Que a sorte me acompañe. [...]

    Aviso (Pingback) por Lucensismo e outros males — 26 decembro 2007 #

  5. Tramadol….

    Tramadol….

    Rastro (Trackback) por Ultram tramadol. — 7 maio 2008 #

  6. Tramadol….

    Tramadol drug. Lowest price tramadol. White tramadol with 377 on the side. Tramadol. Tramadol cheap no rx free overnight shipping….

    Rastro (Trackback) por Tramadol shipped to florida. — 8 maio 2008 #

  7. Zelnorm….

    Zelnorm 6mg. Zelnorm with depo provera. Zelnorm….

    Rastro (Trackback) por Zelnorm. — 12 maio 2008 #

  8. High dose zoloft….

    Generic zoloft. Zoloft. Zoloft generic. Zoloft and pregnancy. Zoloft side effects….

    Rastro (Trackback) por Zoloft withdrawal. — 12 maio 2008 #

  9. Zolpidem….

    Zolpidem….

    Rastro (Trackback) por Zolpidem. — 14 maio 2008 #

Deixa un comentario

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios. Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^