Decembro, 2007

Feliz 2008

Decembro 30th, 2007 Decembro 30th, 2007
Posted in Cousas da casa
2 Comments »

aninovo-pequeno.jpg

Actualización: ademais dos bos desexos expresados máis arriba, o derradeiro día do 2007 déixame un capítulo máis na miña relación con esa caixa de sorpresas que é o Servizo Galego de Saúde. Como xa lles comentei, o meu paso por chapa e pintura adiouse unhas horas antes de celebrarse… pois ben, esta mañá, non con nocturnidade pero si con aleivosía, recibín unha nova chamada que cursou, aproximadamente así:

-Le llamamos del Hospital Clínico, ingresa mañana de cuatro a siete

-Pero non quedara para a segunda semana de xaneiro?

[Reprodución libre do falado]: Quedar, quedara… pero tamén pode rexeitar a cita e agardar a que San Froilán baixe o dedo para que o volvamos chamar. Por min como se está traballando ou de vacacións no Congo Belga.

-A seguir ben e feliz ano, simpática.

Pois iso, que as reparacións produciranse -sempre e cando non haxa alteracións de axenda nas próximas 24 horas- pasado mañá, dous de xaneiro. Hoxe escoitaba na radio que os veciños do sur acostuman guindar pola fiestra todo o malo que lles sobra no comezo do ano, como símbolo de pureza e renovación. Eu fareino, pero ao besta e por vía cirúrxica. Mantereinos informados (se non hai cambios)…

Nui!

Decembro 26th, 2007 Decembro 26th, 2007
Posted in Medios, Momentos freaks
2 Comments »

[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/nrzch25LEL4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Aproveito esta prórroga inesperada antes do paso por onde xa lles contei para facer labor social. E é que, como algúns xa saberán, nos últimos tempos padezo (ou gozo) unha nova adicción: Muchachada Nui. Isto é como co licor café e esas cousas que se toman pola noite… probas un groliño, gústache… e ala, enganchado perdido. Aquí lles deixo unha mostra do invento, que é ademais unha chamada de auxilio desesperado. A todo isto, os videos vense con mellor resolución na páxina oficial ca no YouTube (recoméndolles os Celebrities de Uri Geller, John Galliano, Ahmadineyad e a propia Titaaaaa). Nui!

O Sergas é como unha caixa de bombóns…

Decembro 26th, 2007 Decembro 26th, 2007
Posted in Cousas da casa
3 Comments »

calvosergaspequeno.jpg

O Servizo Galego de Saúde, alias Sergas, é unha caixa de sorpresas. Lembrará o avispado lector que unhas liñas máis abaixo comentaba que esta semana, concretamente hoxe, ía ter que pasar polo taller para que mañá me fixesen uns amaños. Pois ben. Esta mañá, contra as 10, recibo unha chamada do taller en cuestión, e un señor moi correcto explicoume que “ese quirófano [esa operación, para os non iniciados] se ha aplazado hasta la semana del 7 de enero“. Faltoulle dicir “si tal lo operamos, si tal no”. Puideron agardar a terme anestesiado para dicirmo. En fin, non hai mal que por ben non veña, seguireilles contando. Que a sorte me acompañe.

Reformas no (propietario do) local

Decembro 19th, 2007 Decembro 19th, 2007
Posted in Cousas da casa
9 Comments »

por-reformas.jpg

Como observarían, levo uns días sen pasar demasiado por aquí, e é que ando cos miolos ocupados noutros asuntos. O caso é que a semana que vén -o mesmo día do partido da Selección, para máis datos-, quen lles fala ten que pasar polo taller para que lle fagan un amaño, así que non estarei moi operativo. Nuns días prometo estar de volta para contarlles a experiencia e retomar, máis cedo que tarde, a actividade, tuneado e máis lixeiro de equipaxe innecesario e perxudicial. Saúde! (que é o máis importante).

Diante da dúbida…

Decembro 5th, 2007 Decembro 5th, 2007
Posted in Alén Piornedo, Medios
1 Comment »

Visto en Público. E razón non lle falta