Convalecencia, capítulo 11: dopaxe
xaneiro 30th, 2008 xaneiro 30th, 2008 Posted in Cousas da casa24 Comments »
Seguimos avanzando, literal e simbolicamente. As dificultades dos anteriores dez capítulos desta novela están practicamente superadas, xa sei andar, xa sei conducir, xa sei mesmo saltar, así que no que a psicomotricidade se refire, xa estou recuperado. Polo demais, a cousa tamén avanza. Logo de pasar por un túnel de luciñas cun líquido que provoca calor polas veas, xa sei que interiormente estou limpo e non teño máis defectos ca os estruturais, os de nacemento, os mentais e os provocados polos vicios... así que só resta un chute de "por se acaso". Así as cousas, ao camiño réstanlle catro tiradas de cinco días no edificio acristalado separadas por un mes entre elas. A primeira comezará, o máis seguro, mañá, como moi cedo, o luns o luns día 11.Logo, segundo o horario previsto pola organización... chegaremos a finais de maio e, un malestar xeral e algúns mareíños despois, o que agora é unha lata pasará a ser unha batalliña para lle contar aos netos. Seguiremos informando.








