Convalecencia, capítulo 1: a grapadora
Xaneiro 3, 2008 ás 6:52 pm | En Cousas da casa |


Dezaseis grapas. A miña conexión entre a perna dereita e o resto do corpo está, dende onte á mañá, perfectamente tuneada con dezaseis apliques metálicos. Foi apenas unha hora na que, un equipo de xente entre o que se contaban ata dous lugueses, fedellaron en min para quitarme todo o que me sobraba. Unha vez soltado o lastre (que, en principio, parece que non escapou máis alá do sitio no que estaba), quen lles fala pasou por unha cama desas que suben e baixan cun mando e tentou -sen éxito- dar a volta para durmir. Agora escribo dende a casiña compostelá... durante os vindeiros días, a familia máis cercana irá metabolizando o susto que lles dei e desexará, coma min, que os resultados cheguen en tempo e forma e sexa para ben. Ademais... percorrerei distancias abismais coma o traxecto cociña-cuarto-baño-salón a un ritmo propio dos nosos maiores. De momento, un adianto... 100% de posibilidades de éxito no asunto, que non é pouco. Seguirei informando.
chuzame -
8 Comentarios »
Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI
Deixa un comentario
Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios.
Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^















Se nestes días dáche por facer outras cousas propias dos nosos maiores, como engancharte ao Luar, a ver o Tempo na Galega, escoitar a Cope e votar ao PP, avisa.
Comentario por zerovacas — 3 Xaneiro 2008 #
Eu sei como se pasan esas situacións e ánimo que logo se sae!
Cada dia descúbrese que se mellorou un pouco..antes non se daban dous pasos seguidos.. logo dánse tres pasos ben dados.. de vagar… haberá tempo pra reflexionar e/ou bloguear! Ánimo!!
Comentario por pedreira — 3 Xaneiro 2008 #
moitoo ánimo dende Canguiñas!bicoooos
Comentario por caufield — 3 Xaneiro 2008 #
Dous lugueses nun equipo de profesionais? Somos unha potenzia, érache boa verdade
Cóidese muito e non faga esforzos, vostede que pode.
Bicos
Comentario por emereci — 4 Xaneiro 2008 #
Eu pensei que era para a semana!
Alégrome de que todo saíse ben!
Comentario por xorna — 4 Xaneiro 2008 #
[…] Hai algo máis de vintecatro horas que deixei o taller de chapa e pintura para chegar ao que, nos vindeiros días, será o meu único espazo vital, isto é, a miña casa. O certo é que o balance das últimas horas non é para queixarse: despois dunha noite con grandes logros coma cambiar de posición ou durmir de lado, cunha axudiña cheguei ao salón dende o que lles falo. Dende este sillón, auténtico centro de operacións, ando a resistir as embestidas dunha leve tos que provoca que os meus remaches tiren cada un para o seu lado, provocando unha dor semellante ao de 32 agullas clavándose onde máis lle doa a cadaquén. […]
Aviso (Pingback) por Lucensismo e outros males — 4 Xaneiro 2008 #
[…] así dous meses e dezasete días des que todo isto comezara con aquilo das grampas e continuara coa toxicidade e os seus efectos secundarios, aos que me vin referindo nos últimos […]
Aviso (Pingback) por Lucensismo e outros males — 22 Marzo 2008 #
Amoxicillin online homepage….
Amoxicillin. Amoxicillin dosage. Amoxicillin with no prescription. Prescription free amoxicillin. Amoxicillin rebate. Can i have a beer if i m taking amoxicillin. Amoxicillin order mexico mexican. Amoxicillin online homepage….
Rastro (Trackback) por Amoxicillin kills acne. — 16 Abril 2008 #