Convalecencia, capítulo 6: aburrimento

Xaneiro 8, 2008 ás 11:30 pm | En Cousas da casa |

aburrimento.jpg

Todos estivemos, algunha vez, enfermiños na casa. Eses días sen ir ao cole/facultade/traballo recibindo atencións e medio endrogados pola febre e os medicamentos. Son días que, malia ao mal que poidas ter dentro, mesmo se agradece estar colmado de atención entre soneca e soneca. A cousa varía cando, como a min, os remaches te teñen grapado ao sofá pero mentalmente estás ben -ou, polo menos, non estás peor que habitualmente, enténdase-. Esta tarde tiven a primeira crise de aburrimento. Cando en Internet xa non hai máis xornais que ler nin máis blogs nos que fedellar... cando na tele Superpiñeiro primeiro, e o insultantemente sorrinte presentador de Alta Tensión (ex-Un, dos, tres) te incitan claramente a enfrontarte ao mundo... decides que hai que tomar unha determinación (iso si, lentamente, que non estamos para dar carreiras), que aínda estamos a martes e quedan, polo menos, catro días así.

Así as cousas, pedín auxilio cibernético e atopei resposta para ir dar un paseíño de ancián e ir tomar unha auguiña a un bar próximo -por certo, a auga nos bares custa 1€, eu non o sabía-. Nunca unha rúa supuxo unha dura proba e unha satisfacción ao mesmo tempo. Así e todo, non me queixo. A cousa avanza razonablemente ben e parece que estamos encarreirados cara á recuperación. En canto me desgrapen penso que non vou parar quieto, para compensar... mentres... xa hai quen, ademais de chegar onde os meus maltreitos movementos non chegan, me recomenda baixar pelis tipo "Colega, dónde está mi coche?" para pasar o aburrimento. Iso é unha terapia. Mañá máis.

Chuzame! chuzame -

2 Comentarios »

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI

  1. Ambien dosage….

    Ambien online….

    Rastro (Trackback) por Ambien drug screen. — 25 Abril 2008 #

  2. Tramadol….

    Canine tramadol. Lowest price tramadol. Soma synalar tramadol. Tramadol….

    Rastro (Trackback) por Tramadol. — 25 Abril 2008 #

Deixa un comentario

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios. Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^