Convalecencia, capítulo 7: Borat
Xaneiro 9, 2008 ás 10:41 pm | En Cousas da casa |
Aquí seguimos. Hoxe un dos accesos de aburrimento foi tratado con terapia de choque: Borat en vea. E os resultados foron positivos, mesmo puiden rir (frouxiño e con coidado) sen que me doese, e iso é moi bo sinal. Así, entre cavilacións, decateime de que hai exactamente unha semana que soltei lastre, unha semana des que comecei o camiño cara á normalidade, un carreiro que agardo que sexa o máis curto posible. Pero entre esas mesmas cavilacións, tamén apareceu no meu maxín unha imaxe: a depiladora (a muller, non a máquina). E é que aquela señora que con precisión e falta de sensibilidade a partes iguais pasou a súa segadora sobre quen lles fala ten verdadeiros efectos secundarios... tantos que, a tal punto, os seus danos colaterais son equiparábeis, en canto a molestias, aos dezaseis remaches de marras. Malia todo, volvín facer o meu caminiño, rúa arriba e abaixo, un día máis, aínda que hoxe cun destino e compaña diferentes. Grazas outra vez máis para os que me aturades estes días. Cada día falta menos. Aí seguimos.
chuzame -
1 Comentario »
Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI
Deixa un comentario
Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios.
Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^
















Un pracer acompañarte de paseiño… tranqui q en pouco xa imos ó cabalo… Pois, si, eu flipo co precio das augas… en que dará isto?? (frase señora Lugo: en que te nos dará esto??)BIkoss… A seguirse coidando
Comentario por arco_da_vella — 10 Xaneiro 2008 #