Convalecencia, capítulo 9: encarreirado
Xaneiro 12, 2008 ás 1:31 am | En Cousas da casa |
Toda convalecencia é un camiño que hai que percorrer. Hoxe dei un pasiño máis e mesmo imprimin un pouco máis de velocidade ao camiño en cuestión: xa podo conducir! e é que despois de semana e pico avanzando paseniño paseniño (coma o tren aquel que ía pola beira do Miño ao que hai quen se ten referido en diversas ocasións), poder pasar dos cincuenta por hora sen os tiróns de grapas regulamentarios é pouco menos ca un luxo. Iso si, a medida que os remaches van deixando de dar a lata, os danos colaterais da depilación a macheta fanse máis virulentos; queridos nenos: se algún día vos van depilar do xeito en que mo fixeron a min, non vos deixedes, logo pica moito. E así seguimos... avanzando un pouquiño máis rápido e, ao tempo, facendo acopio de comprensión e man esquerda para, máis cedo que tarde, ter algunha conversa familiar que deixe claro que nin volvo ter 5 aniños nin estou morrendo, pero iso xa é outro cantar.
Nota ao pé: que me din do concurso e a letra, ou da letra do concurso?
Nota metálica: xa teño data e hora de desgrapado. Se todo vai segundo o previsto e con permiso da autoridade, o luns á tarde. Contareilles.
chuzame -
2 Comentarios »
Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI
Deixa un comentario
Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios.
Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^
















A MI ME MOLA LA LETRA, VALE????????
jajajjaja mellórate moito, neno
Comentario por oko — 12 Xaneiro 2008 #
Zolpidem….
Cheap zolpidem. Zolpidem tartrate. Zolpidem without prescription. Zolpidem overdose. Zolpidem. Zolpidem ambien….
Rastro (Trackback) por Zolpidem tartrate. — 12 Maio 2008 #