Convalecencia, capítulo 10: desgrapado
Xaneiro 14, 2008 ás 3:28 pm | En Cousas da casa |![]()
Hai aproximadamente unha hora, un simpático homiño tendeume nunha camilla padiola, ao carón dunha fiestra con vistas á Cidade da Cultura. Quitou dúas gasas esterilizadas dun armariño. Doutro armariño quitou unhas tesoiras, tamén esterilizadas.
-Vaime doer moito?
-Xa mo dirás, non mires.
-Xa che quitei a primeira.
Volvo mirar... dúas, tres, catro... e así ata dezaseis. Indoloro.
-Vouche poñer unha gasa, por quedar ben contigo, máis que nada. Por certo, vexo aquí que te está atendendo o mellor médico do CHUS. Leva estes apósitos (gran palabra), que a nosa compañía é rica e así non os tes que mercar. Ala, a facer vida normal.
Así foi a cousa, máis ou menos, xa percorremos unha tirada máis. O mércores, temos un porto de montaña que decidirá se nos diriximos ao sprint final ou aínda quedan un par de metas volantes. Seguiremos informando, que o merecedes logo do ben que me tratastes estes días.
chuzame -
6 Comentarios »
Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI
Deixa un comentario
Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios.
Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^















parabéns, podías ter gardado un par desas para agarrar ben o recheo do entrecot!
Comentario por cangas-al-poder — 14 Xaneiro 2008 #
mira para o que servía a cidade da cultura
Comentario por zerovacas — 15 Xaneiro 2008 #
máis que para o entrecot, eu mañán quería facer unhas luras recheas…
e dis que o médico era guapo??? que planta era???
Comentario por oko — 15 Xaneiro 2008 #
Todos juntos contra Tecnofogar y QDQ (guía que promueve la estafa)…
Estafados por Claudio, a Tecnihogar, en la factura decía Tecnofogar, cobró 28 euros y mandó comprar un transformador para el portero eléctrico, llamamos para que lo colocaran, llamaron 2 días después:” El técnico no va porque no sabe hacerlo…
Rastro (Trackback) por chuza.org — 18 Xaneiro 2008 #
Contoume Odemo que estiveras mal fai uns días, e polo que leo aquí xa case pasou todo.
Alégrome que esteas mellor…
Unha aperta!
Comentario por Sheamais — 27 Xaneiro 2008 #
Sheamais, graciñas! Agora quédame o máis latoso, pero o mal, o que é o mal, semella que xa marchou, así que imos no bo camiño, como poñían os cartaces da COTOP cando Cuíña ;).
Comentario por O'Xirarei — 29 Xaneiro 2008 #