Convalecencia, capítulo 11: dopaxe

Xaneiro 30, 2008 ás 7:23 pm | En Cousas da casa |

Seguimos avanzando, literal e simbolicamente. As dificultades dos anteriores dez capítulos desta novela están practicamente superadas, xa sei andar, xa sei conducir, xa sei mesmo saltar, así que no que a psicomotricidade se refire, xa estou recuperado. Polo demais, a cousa tamén avanza. Logo de pasar por un túnel de luciñas cun líquido que provoca calor polas veas, xa sei que interiormente estou limpo e non teño máis defectos ca os estruturais, os de nacemento, os mentais e os provocados polos vicios... así que só resta un chute de "por se acaso". Así as cousas, ao camiño réstanlle catro tiradas de cinco días no edificio acristalado separadas por un mes entre elas. A primeira comezará, o máis seguro, mañá, como moi cedo, o luns o luns día 11.Logo, segundo o horario previsto pola organización... chegaremos a finais de maio e, un malestar xeral e algúns mareíños despois, o que agora é unha lata pasará a ser unha batalliña para lle contar aos netos. Seguiremos informando.

Chuzame! chuzame -

4 Comentarios »

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI

  1. ánimo! enton tes que pasar alí ingresado os cinco días?

    avisa cando entres para ir facer unha visitiña!

    por certo, a palabra de seguridade anti-spam é, como non, “grapa”…

    Comentario por xorna — 31 Xaneiro 2008 #

  2. Cóideseme! aver se facemos unhas xestións e traemos algunha brebaxe de Cangas con efluvios de café ou similar… depende de como se porte, claro!

    Viva pichifugaiuojin!

    Comentario por dalescañamariano — 1 Febreiro 2008 #

  3. Despois de ir vendo todo o proceso alédome por este (case) final, moito ánimo e a tomalo de xeito positivo. Conta se che dan filloas para comer no CHUS e moitas apertas!

    Comentario por besbe — 2 Febreiro 2008 #

  4. buy soma online…

    buy soma online…

    Rastro (Trackback) por buy soma online — 1 Maio 2008 #

Deixa un comentario

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios. Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^