Live from the CHUS
Febreiro 11, 2008 ás 11:29 pm | En Cousas da casa |Pois si, señoras e señores, retransmitimos en directo dende o edificio que poden ver sobre estas liñas. O luns foi a vencida, e logo dunha toma de mostrar no pueblo ese no que non lles gusta o monte Gaiás, vinme instalar aquí. Primeiro, o pinchazo de rigor... a ver se che doe... e esas cousas... e logo, a dopaxe, que para iso estamos aquí. Por obra e graza da tecnoloxía poderei -polo menos mentres me dure o saldo- irlles contando as miñas andanzas, se é que son dignas de contar (o meu espazo vital redúcese a un cuarto (bicompartido), un corredor e unha salita con cadros impresionistas). O primeiro asalto cos tóxicos vouno levando, apenas unha sensación rara no estómago, moito inferior, para que se fagan unha idea, á que provoca certo líquido espirituoso unhas horas despois de ser consumido. Iso si, dende aquí arriba domino a City enteira, do Gaiás ao Pedroso, pasando pola Catedral, as moles de Salgueiriños ou o pico Sacro (mañá póñolles unha afoto)... serán, durante os vindeiros cinco días, o pano de fondo dos meus paseos agarrado ao que xa é un amigo máis, e mesmo unha extensión do meu brazo esquerdo.
Así as cousas, mentres estiven só fun levando a tarde entre libros, músicas e demais... logo, non faltaron as visitas, primeiro individuais e logo en manifestación. Xa sabedes que se agradecen, e moito. Agora, nun pouquiño tocará durmir... que nestes sitios, por moi amábeis que sexan (que o son), seica lles pagan por molestar a partir das sete da mañá. Haberá novo parte cando sexa necesario :).
chuzame -
4 Comentarios »
Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI
Deixa un comentario
Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios.
Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^















aajajajaj olaaaaa


moitosbicosdend Ultreia!!!mais visitas e mellores!xa levamospelis
eeee estaste comentando a ti mismo
e 1 rallada¿¿¡
ajajjaja
si q era 1 cancion comunistaaa
bicos
Comentario por O'Xirarei — 11 Febreiro 2008 #
voume deitar
1 abrazo
Comentario por O'Xirarei — 11 Febreiro 2008 #
Já sabe que quando o aparato repressor da USC e dos media de comunicaçom do BNG deixem tempo passaremos fichar
Comentario por odemo — 12 Febreiro 2008 #
#1 e #2, Pódote denunciar por suplantarme a ciber-personalidade… ou iso, ou inxéctote algo do que me están metendo a min, y lo flaipas, chorba.
Comentario por O'Xirarei — 12 Febreiro 2008 #